O 10 de Decembro é unha data moi importante na defensa dos Dereitos Humanos, unha das datas máis destacadas na Rede de Escolas de Amnistía Internacional. Este ano celebrámolo cunha exposición sobre a Declaración Universal de Dereitos Humanos, tendes colgada a invitación para o seu visionado e fotos da mesma.
Complementamos esta actividade coa realización dun mural: "Ovellas amarelas defensoras dos Dereitos Humanos". Participaron todos /as os alumnos/as do centro pintaron e recortaron ovellas beige ou marrón que non querían ver os problemas do mundo e ovellas amarelas que ollaban para nenos buscando comida nos vertedoiros, e outras situacións que reflicten que non se respectan os Dereitos Humanos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario