A Convención Internacional sobre os Dereitos do
Neno, recoñecida como un dos instrumentos máis importantes en materia de
dereitos humanos, representa un punto de partida no que se refire ao
recoñecemento de dereitos e mellora da situación de nenos e nenas, permitindo
un avance positivo na loita contra a utilización destes/as en conflitos bélicos.
Outro instrumento eficaz é a "Educación para a Paz e os
Dereitos Humanos", pois xera unha cultura de paz baseada no respecto
destes dereitos fronte a unha cultura de violencia.
Na escola desexamos que os nosos alumnos e alumnas:
- Reflexionen sobre a situación dos Nenos Soldado e as
circunstancias na que viven.
- Coñezan os dereitos da infancia e as súas vulneracións.
- Adopten unha actitude crítica perante a actuación da
comunidade internacional en relación aos conflitos armados e aos menores.
- Estean concienciados para crear unha cultura de paz.
Así ven os nenos/as a situación dos nenos/as soldado:


No hay comentarios:
Publicar un comentario