ORGANIZADO
Comisión de Convivencia do C.E.I.P. Ponte dos Brozos, a Rede de
Escolas polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional e pola Asociación
Impares.
AGRADECEMENTOS
Ao Concello pola cesión do local e a
todo o profesorado e alumnado pola súa participación.
“Mentres se neguen
os dereitos humanos ás
mulleres, en
calquera parte do mundo, non
pode haber xustiza
nin paz”.
(Shirin Ebadi,
premio Novel da Paz)
Membros da
Asociación IM-PARES, desenvolveron as seguintes actividades de sensibilización
contra a Violencia de Xénero:
- Para os nenos/as de
primeiro a cuarto, realizaron unha escenificación dun conto, o cal titularon
"Femicienta", primeiro respectaron o
argumento orixinal e a continuación representárono desde unha
perspectiva feminista.
- Na segunda
actividade, chamada "Nin príncipes nin princesas" puxéronlle ao alumnado de quinto e sexto de
primaria, imaxes e vídeos de anuncios e
os rapaces e rapazas tiñan que clasificalos segundo considerasen que incitaban ou non á
violencia xénero, levantando un folio
laranxa ou vermello para si e verde para non.


Grazas a todas por ser a nosa conciencia... Que de vez en cando non ven mal espabilar... Moi bo traballo
ResponderEliminar