10 de Decembro, día Internacional dos Dereitos Humanos.
Os alumnos/as escribiron mensaxes de ánimo a Omid, Wafae, Yves e Fred, para facerlles saber que non están sós /soas.
Amnistía Internacional considéraos presos e presas de conciencia e pide a súa liberdade inmediata e incondicional.
Amnistía Internacional considéraos presos e presas de conciencia e pide a súa liberdade inmediata e incondicional.
Yves e Fred son dous mozos que viven na República democrática do Congo . Fred ten un blog, gústalle o fútbol e a natureza. Yves
é artista gráfico, gústalle o cine. Pertencen a un movemento xuvenil que se chama Filimbi,
que significa “asubío” en galego, e están encarcerados por promover a democracia.
O científico iraniano Omid Kokabee, 33 anos, está en prisión por negarse a traballar en proxectos de investigación militar para Irán.

No hay comentarios:
Publicar un comentario