A
guerra e a violencia tórnanse unha situación normal para estes
nenos e nenas, a única que moitos deles coñeceron. Foron
secuestrados na rúa ou sacados das aulas contra a súa vontade.
Outros moitos son forzados a saír das súas casas a punta de
pistola, mentres uns pais angustiados venos partir sen poder facer
nada. Outros son recrutados mentres xogan preto de casa ou camiñan
pola estrada. Un neno dicíanos en Chad " Non teño irmáns
maiores que non se unisen á rebelión. O meu pai é vello. En casa
non tiñamos suficiente para todos, así que quería mellorar a nosa
situación... uníndome ao exército axudaría á miña nai e ao
resto da familia".
No
colexio estamos moi concienciados sobre este tema por iso nenos/as de
2º B e 5º C, gravaron este vídeo explicando a situación dos nenos
e nenas soldado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario