ACTIVIDADES DO CONCELLO DE ARTEIXO NO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Ana, mediadora do Concello resumiunos moi ben a actividade diversit@s que se desenvolveu no mes de febreiro
en Educación Infantil.
A diversidade está en todas partes, nas persoas, nos animais, nas plantas,
nos lugares, nas familias,... O mundo
está cheo de “diversidade”, de diferenzas,... O mundo é diverso e quizá sexa isto
o que o fai tan bonito.
Nembargantes, a pesar de ser diferentes temos moitas cousas en común, gústanos
xogar, os abrazos de papá e mamá, o recreo, etc.
A convivencia implica relacionarse
con outras persoas que pensan e senten de xeito diferente.
Todo isto o vimos na actividade trimestral de diversit@s onde o pasamos bomba .
@s peques de 4º e 6º de infantil do CEIP Ponte dos Brozos, foron quen de conseguir o carné de diversit@s onde cada un/ unha de nós aprendemos que a
diversidade é divertida, creativa e necesaria, para ter experiencias
enriquecedoras que nos proporcionen momentos de felicidade ó longo da nosa
vida.
Prometemos que íamos volver no seguinte trimestre, e farémolo!!! Temos
moitas aventuras interculturais que propoñervos, diversit@s!! Ata pronto!


No hay comentarios:
Publicar un comentario