A semana do 4 ao 8 de abril celebramos a VI semana Intercultural que levou por título "O Muro dos desexos" e que xirou entorno á sensibilización e coñecemento da situación de miles de refuxiados.
Entre todos/as elaboramos un muro no que todo o alumnado e o profesorado poido expresar os seus desexos para a paz e unha mellor convivencia.
No 1º e 2º nivel de Educación Primaria disfrutaron dunha representación teatral para explicarlles a que é a migración forzosa e que significa ser refuxiado/a.

convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow
No 3º e 4º nivel analizaron, a través de fotografías, as causas e consecuencias dos procesos migratorios. Ademais tivemos a sorte de poder contar co relato en primeira persoa dunha nai que viviu esa experiencia.
convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow
Nos niveis de 5º e 6º contamos coa presenza de Alfonso Mascuñana que nos relatou a súa fascinante experiencia como voluntario cos refuxiados/as en Lesbos.
convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow
Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa participación. Foi unha semana moi intensa e emotiva para todos e todas.

Gran traballo... Sodes a voz da nosa conciencia, as veces durmida...
ResponderEliminar