domingo, 8 de mayo de 2016

CAMPAÑA SOLIDARIA: "PONTE EN MIS ZAPATOS"

Queremos dar difusión á campaña solidaria que xurde dende o CEE Ntra. Sra. de Lourdes (A Coruña).
A campaña PONTE EN MIS ZAPATOS é unha iniciativa solidaria para axudar aos nenos/as refuxiados/as que estamos a ver  tódolos días nos informativos.
Trátase de recadar zapatillas de deporte novas para os moitos quilómetros que lles queda por andar.
Tódalas zapatillas recadadas enviaranse ao campo de refuxiados de Katsika (Grecia).
Os pasos serán os seguintes:
1.       Cada neno/a, que queira participar, terá que levar unha caixa coas súas zapatillas deportivas.
2.       Dentro da caixa porán unha foto, carta ou debuxo para que os nenos/as que a reciban saiban quen llas envía.
3.       As zapatillas mándanse ao CEE Ntra. Sra. de Lourdes (á atención da aula LILA).
4.       A data límite de entrega é o 27 de maio.
5.       Unha vez que cheguen ao campo de refuxiados farán fotos que, posteriormente, mandarán para que os nenos/as vexan a onde chegaron as súas zapatillas.

Esperamos que vos animedes a participar.

Para mais información rquintelalopez@gmail.com o no teléfono 678 292 492.


No hay comentarios:

Publicar un comentario