domingo, 29 de septiembre de 2019

ACTIVIDADES NA SEMANA POLO CLIMA

O venres 27 culminou unha semana chea de actividades a favor do coidado ambiental. 
Non remata aquí o traballo, queda moito por facer. Ao longo do curso levaremos a cabo outras accións coma a participación no programa "Recreos Residuos Cero", dotar aos patios de contedores amarelos para separar os plásticos e moitas outras que iremos contando pouco a pouco. 
Anímanos moito ver como o alumnado comeza a utilizar menos botellas de plástico, utiliza fiambreiras e ata se anima a decorar as camisetas con lemas a prol do coidado do planeta. Aquí tedes o exemplo de Enma de 1ºB, fantástica!
                               
A continuación un pequeno resumo das actividades realizadas do 23 ao 27 de setembro:
LUNS: UN MINUTO DE SILENCIO POLO CLIMA
Xuntámonos para reflexionar e amosar a nosa preocupación polo problema tan grave que estamos a vivir. Chamamos a atención de todos e todas cun minuto de silencio. 
MARTES: TODOS DE VERDE!
Demostramos que somos capaces de mobilizarnos por unha causa común.  Esta vez traendo todos algunha prenda ou complemento verde. 
Todos de verde! from equipoconvivencia
MÉRCORES: VISUALIZACIÓN DE CURTAMETRAXES.
Algúns deles podedeos ver premendo neste enlace: Teachers for Future
XOVES: ELABORACIÓN DE CARTEIS
O noso cole está repleto de artistas! Alumnado e profesorado fixeron un gran esforzo para decorar os corredores con murais tan espectaculares coma os que podedes ver a continuación: 

Murais from equipoconvivencia
VENRES: LECTURA DE MANIFESTOS A FAVOR DA PROTECIÓN AMBIENTAL
4 anos EDUCACIÓN INFANTIL:
O planeta é o noso fogar, coidémolo. 
5 anos EDUCACIÓN INFANTIL:
Apaga a luz
prende o planeta
salvemos o mundo
esa é a nosa meta. 
1ºEP:
Salvar o planeta é evitar que a natureza morra. Para iso temos que coidar o medio ambiente, para que non haxa choivas grandes nin incendios. 
O planeta é de todos e todas. Sálvao!
2ºEP:
O mundo cambiará co teu exemplo, non coa túa intención: reduce, reutiliza, recicla. 
3º EP:
Non contamines o planeta, non hai tempo que perder, só temos unha Terra. 
4ºEP:
Vivimos na Terra coma se houbese outra Terra onde ir. Contaminamos a auga, o aire, queimamos os bosques do noso planeta. Non hai planeta B. Coidemos o que temos!
5º EP:
Non queremos un medio ambiente, o queremos completo. 
6º EP:
Os nenos e nenas de 6º pensamos que a mellor ferramenta para combater o cambio climático somos nós!
Procuremos que os nosos actos sexan os correctos (reciclemos, reduzamos e reutilicemos)!! 
Salvemos o noso planeta!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario