A solidariedade é un dos valores que tanto familia coma escola debemos de potenciar.
Implica tomar conciencia das necesidades que teñen outros e querer axudar para resolvelas.
Unha das mellores formas de interiorizar este valor é a aprendizaxe a través do exemplo que lle damos os adultos.
Con este motivo o 20 de novembro, Día Universal da Infancia, comezamos unha campaña solidaria de recolecta de botas de auga e paraugas infantís que irán a nenos e nenas de Mozambique grazas a colaboración dos integrantes do Proxecto Sementes do Amanha que se encargarán de levalos ás zonas con máis necesidades.
Se tedes botas de goma que xa queden pequenas ou paraugas infantís que non utilicedes os recollemos por unha boa causa.
MOITAS GRAZAS!

No hay comentarios:
Publicar un comentario