A finais do curso pasado contabámosvos que os debuxos de tres alumnas do noso centro (dúas delas xa no instituto) foran premiados polo Banco de Alimentos Rías Altas na campaña "Contra a pobreza e o despilfarro de alimentos". Antes do Nadal recibiron o seu merecido recoñecemento.
Queremos felicitalas de novo e anunciar que o traballo de Claudia Carballido Naya foi premiado tamén a nivel nacional pola profundidade e reflexión da mensaxe que acompaña ao debuxo. Parabéns!
| Claudia Carballido (gañadora nacional) e Paula Pose (gañadora provincial) |
| Dina Bravo, gañadora ao mellor debuxo do cole, acompañada dos representantes do Banco de Alimentos. |
![]() |
| Debuxo de Claudia Carballido, premiado a nivel nacional. |
![]() |
| Debuxo de Paula Pose, premiado a nivel provincial. |
![]() |
| Debuxo de Dina Bravo, premiado a nivel de centro. |



No hay comentarios:
Publicar un comentario