lunes, 11 de diciembre de 2017

AMNISTÍA INTERNACIONAL E VIOLENCIA DE XÉNERO

Coa finalidade de sensibilizar ao alumnado sobre os dereitos humanos, ampliar os seus coñecementos e potenciar os valores, organizouse, para o alumnado de 5º e 6º, unha actividade promovida por Amnistía Internacional, que pretendeu achegar ao alumnado a problemática que supón a Violencia de Xénero.
O tratamento transversal destes temas ten como meta que o alumnado comprenda e asuma como natural que a igualdade de xénero é un dereito humano, comprometéndose á súa consecución.
Moitísimas grazas a nosa excompañeira Margarita González Varela por organizar a actividade e mostrarnos a súa axuda e apoio sempre e á Profesora Dra. Andrea Cristina Ramallo Machín quen levou a cabo a actividade os días 24 e 27 de novembro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario