Red Escolas AI

En Amnistía entendemos a educación como:

“Unha práctica deliberada e participativa, destinada a potenciar aos individuos, grupos e comunidades mediante a promoción de coñecementos, habilidades e actitudes coherentes cos principios de dereitos humanos internacionalmente recoñecidos.
O obxectivo da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos é facer do centro escolar un espazo de reflexión sobre os nosos dereitos e os dereitos das demais persoas, nun marco participativo e interactivo.
Tamén é unha invitación aos diferentes membros da comunidade educativa (profesorado, alumnado, persoal non docente, pais e nais) para se comprometeren coa loita polos dereitos humanos converténdose en verdadeiros activistas.
Pertencer á Rede é un compromiso flexible, que pode adecuarse ás posibilidades e expectativas de cada centro. Artellamos as actividades arredor de datas significativas e das campañas prioritarias de Amnistía.
DATAS SIGNIFICATIVAS

20 de Novembro Día dos Dereitos do Neno
25 de Novembro Día Internacional contra A violencia de Xénero
10 de Decempro  Día da Declaración Universal de Dereitos Humanos
12 de Febreiro Día contra a utilización de Nenos Soldado


No hay comentarios:

Publicar un comentario