miércoles, 25 de noviembre de 2020

O DÍA UNIVERSAL DO NENO E DA NENA E OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Un ano máis o profesorado do noso centro adicou parte da xornada a incidir nos Dereitos que tódolos nenos e nenas do mundo deben ter. Coñecelos fainos valorar a sorte que temos e sirve para concienciarnos de como podemos axudar a conseguir un mundo máis xusto e igualitario. 

Aquí tedes unha escolma con algúns dos traballos realizados en infantil e primaria. 

EDUCACIÓN INFANTIL

1º NIVEL DE E.P.
Foi un bo momento para traballar os OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, un termo que se acordou no 2015 polas Nacións Unidas e que supoñen unha declaración de intencións simplificada en 17 obxectivos. Estes obxectivos deben acadarse no 2030 e pretenden que todas as persoas do mundo vivan en paz e cun futuro próspero. Para iso temos que lograr, entre todos e todas, erradicar a pobreza e protexer o planeta. 
O noso alumnado xa coñece estes obxectivos e boa proba disto son as seguintes imaxes:

3º NIVEL DE E.P.







5º NIVEL DE E.P.

martes, 24 de noviembre de 2020

PONTE EN PÉ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

O 25 de novembro celébrase o  Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Coa axuda de varios nenos e nenas elaboramos este vídeo para aportar o noso graniño de arena á sensibilización e concienciación contra a violencia de xénero.

Precisamos seguir reflexionando, falando, pensando,... durante todo o curso acerca desta lacra que aínda é moi patente na nosa sociedade. 

PONTE EN PÉ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

viernes, 30 de octubre de 2020

ACCIÓNS POLO CLIMA

A pesar das adversidades deste curso temos moi claro que a educación ambiental ten que ocupar un lugar importante na formación dos nosos rapaces e rapazas. A conciencia ecolóxica ten que ser desenvolvida ao longo de toda a vida polo que profesorado, familias e o resto da comunidade educativa temos que seguir aprendendo e esforzándonos para mellorar os nosos hábitos, actitudes e condutas e procurar un mundo máis saudable e sostible. 

Lembrámosvos que o cole participa no Programa RECREOS RESIDUOS CERO e no Proxecto DESPLASTIFÍCATE, ámbolos dous pretenden eliminar o uso de plásticos dun só uso así como a reutilización e a correcta reciclaxe dos mesmos. 

Lembrade!





lunes, 19 de octubre de 2020

RECOLLIDA DE "BASURALEZA"

Mirade a cantidade de "basuraleza" que se recolleu na mañá do pasado sábado na praia de Valcobo. Atopouse de todo, como podedes ver. Ata cepillos de dentes! Tamén había unha gaivota enleada na corda dunha rede e fragmentos diminutos de plásticos, tan pequenos que eran moi difíciles de recoller. Imaxinade a de tempo que levaban eses plásticos desfacéndose no mar. Unha botella ata tiña conchas pegadas!

Cando saiades de paseo coa familia, animádevos a recoller a "basuraleza" das praias para ter un entorno limpo e máis san. Todos unidos por un planeta saudable!



jueves, 1 de octubre de 2020

MOBILízate!

A pesar deste inicio de curso tan atípico e complicado seguimos coa ilusión de darlle continuidade aos proxectos emprendidos o curso pasado. 

Se vos lembrades un deles era o de "Mobilízate pola selva", co que apadriñábamos un chimpancé por cada 30 móbiles vellos que enviábamos para a súa reciclaxe. 

Nesta semana tivemos información dos nosos "afillados"! Estes son os seus informes:

ANZAC

HILLA

KUDIA

LEMBA

Para os que aínda non coñezades este proxecto podedes atopar a información nesta ligazón:

 https://mobilitzatperlaselva.org/es/

Animámosvos a que lle deades difusión e xuntos nos MOBILICEMOS POLA SELVA. 

lunes, 28 de septiembre de 2020

URXENTE: NON ESQUEZAS CORTAR AS CINTAS DA TÚA MÁSCARA!

Agora que as máscaras xa forman parte do noso día a día temos que ser conscientes tamén do dano que están facendo ao medio ambiente e a moitos animais que se enredan nelas. 
Cun xesto tan doado como o de cortar as cintas podemos salvar as vidas de moitos animais.

sábado, 26 de septiembre de 2020

UN CURSO MÁIS ÍMOS A POLOS RECREOS RESIDUOS CERO!

Un curso máis, o noso centro súmase ao programa Recreos Residuos Cero, iniciativa do colectivo "Teachers for future" (Profes polo futuro) e apoiada polo Ministerio de Transición Ecolóxica. 

Esta iniciativa trata de que toda a comunidade educativa camiñe xunta na redución dos residuos plásticos que creamos na nosa vida en xeral e nos recreos escolares en particular. 

Para iso, alumnado, familias, profesorado e demais membros da comunidade educativa debemos esforzarnos en cambiar e mellorar a nosa forma de consumo, envasado e transporte dos alimentos. Sabemos que cada persoa individualmente ten un enorme poder na redución de residuos plásticos.

Agora, nesta difícil situación sanitaria, máis que nunca é importantísimo concienciarnos do coidado do medioambiente, pois a súa saúde é a nosa. 

Por último, deixámosvos un vídeo e máis información interesante que vos axudará a poñer en práctica o reto Recreos Residuos Cero. 

XUNTOS CONSEGUIREMOS REDUCIR A NOSA PEGADA ECOLÓXICA!