Quen somos

   O CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo é o centro escolar máis grande de Galicia. Contamos con máis de mil  alumnos/as e polo tanto moitos mestres/as con ideas, iniciativas, costumes e xeitos de traballar diferentes. Queremos aproveitar a diversidade de procedencia dos noso alumnado para enriquecérmonos interiormente aprendendo: historias e músicas, lendo a escritores que nos amosarán a alma dos seus países, ollando cadros con fermosas paisaxes descoñecidas, probando novas comidas e compartindo xogos para ter amigos en todo o mundo.  O noso centro traballa moito co uso das novas tecnoloxías que nos axudan na elaboración de materiais máis atractivos para transmitir as nosas mensaxes.

Diversas Institución e Organizacións colaboran connosco, salientaremos especialmente ás mediadoras do Concello de Arteixo  (Arteixo innova ), e dúas Redes ás que estamos moi orgullosos e orgullosas de pertencer: A Rede de Escolas de Amnistía Internacional e a Rede de  Escolas da Unesco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario