jueves, 26 de abril de 2018

CERTAME DE DEBUXO DO BANCO DE ALIMENTOS.

Os nenos e nenas de 5ºB e 5ºC participamos no certame de debuxo que organiza o Banco de Alimentos. Este ano, o lema do concurso é "Contra a fame e o despilfarro de alimentos", así que, mentres debuxamos, reflexionamos sobre toda a comida que mercamos e acaba no lixo ou caducada nas nosas despensas. 
O traballo serviu para un primeiro compromiso: Nunca tiraremos a merenda que nos mandan da casa! 
Agora toca agardar pola resolución do xurado, porque o debuxo seleccionado será o que ilustre o cartel da vindeira gran recollida de alimentos! A ver se hai sorte...


No hay comentarios:

Publicar un comentario