O pasado 26 de Novembro xuntamonos todos e todas para dar visibilidade a nosa repulsa contra a violencia de xénero.
Foi un acto no que cantamos a canción de Rozalén "La puerta violeta" e portamos lazos lilas.
Varias nenas de 6º leron un manifesto no que reivindicaban a igualdade de dereitos de nenos e nenas.
Ademais diso decoráronse as portas das aulas co lema "Pechamos a porta á violencia" e fixéronse diferentes traballos de sensibilización.
Tamén tivemos traballos voluntarios da casa! Encántannos! Moi ben Noa!






No hay comentarios:
Publicar un comentario