martes, 8 de enero de 2019

DESPLASTIFÍCATE!



"Desplatifícate" é un proxecto proposto e dirixido pola Rede de Escolas Asociadas á Unesco co que se pretende acadar un dos obxetivos marcados na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible: adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.

Con este proxecto preténdese mellorar a educación, a sensibilización e a capacidade humana e institucional respecto da mitigación do cambio climático, a adaptación ao mesmo, a redución dos seus efectos e a alerta temperá.

O noso cole vai participar levando á práctica distintas actividades coma a reciclaxe de plásticos e a reducción do seu uso. Para isto último tódolos VENRES evitaremos traer merendas que utilicen plásticos para conseguir, entre todos, unha maior concienciación e responsabilidade co medio ambiente.







No hay comentarios:

Publicar un comentario