O día 15 de febreiro declarouse coma o Día Internacional dos nenos e nenas con cancro.
Este ano unímonos a unha fermosa iniciativa da Aula Hospitalaria do Materno Infantil da Coruña que leva por nome “Emocións voadoras, verbas que trae o vento” e que ten por obxectivo encher de grúas, con mensaxes de ánimo e positividade, os teitos e corredores das salas de oncoloxía pediátrica do Materno.
E...por que grúas de papel? Segundo unha lenda xaponesa o teu maior desexo pódese facer realidade se consigues facer mil grúas de papel. Así foi como Sadako Sasaki, unha nena víctima da bomba de Hiroshima, animada por Chizuko, unha das súas amigas, comezou a construír grúas para poder pedir o desexo de curarse e de que terminase a guerra. Na actualidade existen diferentes monumentos en memoria a Sadako e as grúas orixinais que elaborou atópanse no Museo Memorial da Paz de Hiroshima.

En España diagnostícanse una 1400 novos casos de nenos con cancro de 0 a 18 años cada ano. A pesar de ser unha enfermidade rara, o cancro infantil aínda é a principal causa de morte ata os 14 anos. A taxa de supervivencia de 5 anos de 0 a 14 años chega case ao 80%, segundo a Sociedade Española de Hemato-Oncoloxía Pediátrica. Un feito esperanzador que aspira a ser o 100% xa que unha soa morte por cancro infantil é demasiado.
E así de bonito e acolledor está quedando a zona do hospital de día de pediatría.

No hay comentarios:
Publicar un comentario