sábado, 26 de septiembre de 2020

UN CURSO MÁIS ÍMOS A POLOS RECREOS RESIDUOS CERO!

Un curso máis, o noso centro súmase ao programa Recreos Residuos Cero, iniciativa do colectivo "Teachers for future" (Profes polo futuro) e apoiada polo Ministerio de Transición Ecolóxica. 

Esta iniciativa trata de que toda a comunidade educativa camiñe xunta na redución dos residuos plásticos que creamos na nosa vida en xeral e nos recreos escolares en particular. 

Para iso, alumnado, familias, profesorado e demais membros da comunidade educativa debemos esforzarnos en cambiar e mellorar a nosa forma de consumo, envasado e transporte dos alimentos. Sabemos que cada persoa individualmente ten un enorme poder na redución de residuos plásticos.

Agora, nesta difícil situación sanitaria, máis que nunca é importantísimo concienciarnos do coidado do medioambiente, pois a súa saúde é a nosa. 

Por último, deixámosvos un vídeo e máis información interesante que vos axudará a poñer en práctica o reto Recreos Residuos Cero. 

XUNTOS CONSEGUIREMOS REDUCIR A NOSA PEGADA ECOLÓXICA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario