viernes, 4 de diciembre de 2020

DANDO VISIBILIDADE CREAMOS CONCIENCIA

Polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade tiveron lugar unha serie de actividades no noso cole que teñen como obxectivo principal dar a coñecer as diferentes capacidades que todos e todas temos. Poñernos na pel doutros ou ver como todos somos capaces, se sabemos adaptar a contorna que nos rodea, axuda a entender e a loitar por unha sociedade máis xusta e equitativa. 

No 1º nivel algunhas das aulas visionaron curtametraxes como o de Ian

e outras aulas fixeron actividades nas que o alumnado tiña que vivenciar o que senten as persoas que presentan discapacidade visual.

En 2º A dedicaron un anaco a pensar e debater coa curta "El cazo de Lorenzo"

O 3º nivel de E.P. tamén dedicou un anaco ás curtametraxes sobre diversidade funcional. "Ian" ou "El color de las flores" foron algunhas delas. Ademais de debater e reflexionar sobre as distintas capacidades realizaron actividades como o cuestionario que podedes ver nesta ligazón 

Aquí tendes unha pequena escolma doutras curtas que teñen coma tema  principal a diversidade.

Como xa veriades nas redes sociais participamos no movemento "Baixo o mesmo paraugas" promovido por @galiciadiversa. Aportamos fotos para axudar a encher as redes de mensaxes positivas sobre esta conmemoración. 


           


No hay comentarios:

Publicar un comentario