lunes, 1 de febrero de 2021

PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL

O proxecto "Aprendendo a convivir" acaba de ser premiado co Premio Galego de Eduación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global convocado pola Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento, co apoio e financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia. 

Os parabéns van dirixidos a toda a comunidade educativa xa que este proxecto recolle todo o traballo levado a cabo polo Claustro, o alumnado e as familias, entorno as temáticas recollidas neste blog e que se centran na igualdade de xénero, a mellora da convivencia e o coidado do medio ambiente. 

A entrega do premio terá lugar o vindeiro 19 de febreiro, asistindo unha representación do equipo organizador ao colexio. Moitísimas grazas!





No hay comentarios:

Publicar un comentario