lunes, 12 de abril de 2021

O PASO DE PLASTIQUINA POLO NOSO COLE

Para os que non a coñezades, Plastiquina é a embaixadora do proxecto Desplastifícate no que levamos traballando fai varios cursos. 

Desplastifícate é un proxecto xurdido da Rede de Escolas asociadas da Unesco que ten como obxectivo reducir a utilización de plásticos dun só uso, así como a aprendizaxe para o correcto reciclaxe e reutilización do mesmo. 

Todos os coles galegos que pertencen a esta Rede tiveron o privilexio de poder contar con Plastiquina, símbolo que nos une e engade motivación para seguir loitando pola mellora no coidado do medio ambiente. 

Nestes días estivemos sacándonos fotos con ela, a utilizamos para incorporala aos nosos proxectos dixitais e foi unha participante máis do noso Club de Ciencia. 

Agora tócalle cambiar de destino...e vai nada máis e nada menos que para Asturias!  O C.P.E.E. Juan Luis Iglesias Prada, en Langreo é o centro que vai a acoller a Plastiquina ata que lle chegue o momento de seguir viaxando por todos os centros de España da Rede. 

Ademais de enviarlla chea de agasallos e cartas que foi recompilando ao longo do seu percorrido pola nosa Comunidade, vai cargada de ilusión e bos desexos para poder seguir traballando a prol do medio ambiente. 

Aquí vos deixamos unha das actividades realizadas con Plastiquina, démoslle a coñecer unha das nosas praias de Arteixo e foi testemuña de como debemos recoller e coidar a nosa contorna. 

Video realizado por Laura Ruiz Alonso, 6ºE de E.P.

No hay comentarios:

Publicar un comentario