jueves, 15 de junio de 2023

  Colaboración coa residencia de maiores e a Asociación contra o cancro de Arteixo

A semana pasada a clase das rás de Educación Infantil participou nunha tarefa moi especial, colaborar coa Asociación contra o cancro de Arteixo. Maiores, nenos/as e familias traballamos conxuntamente para realizar "Almofadas de corazón", un pequeno coxín que está indicado para ser empregado polas mulleres recén operadas de cancro de mama.  




Estas almofadas, realizadas pola clase das rás e pola residencia de maiores, serán entregadas á asociación contra o cancro na inauguración do novo local. 

Moitas grazas pola vosa participación!

No hay comentarios:

Publicar un comentario