X Edición Día do libro Solidario cos cativos e cativas de Sudán do Sur.
Sabiades que 1,4 millóns de pequenos e pequenas están en risco de morrer de fame en países coma Sudán do Sur, Somalia, Nixeria e Iemen?
A maioría poderanse curar se os tratan a tempo. Con alimento terapéutico, atención médica axeitada, acceso a auga potable e educación podemos salvarlles a vida a milleiros de cativos e cativas.
Por iso, un ano máis o noso cole vai participar na actividade organizada por Save the Children "Marcapáxinas pola solidariedade". Este ano os niveis participantes serán 2º, 3º e 6º.
En que consiste a actividade?
A cada neno/a se lle facilitará un modelo con 5 marcapáxinas e se lle explicará a situación dos rapaces e rapazas dos países máis vulnerables.
O alumnado do noso centro terá que buscar lectores solidarios aos que lles van a ofrecer os marcapáxinas personalizados por eles dándolles a opción de mercarllos e destinar a recadación aos países mencionados anteriormente.
Os alumnos/as entregarán os cartos no cole e dende aquí farémosllos chegar a Save the Children.
O alumnado recibirá un diploma de agradecemento como o que vedes nesta foto:
O alumnado recibirá un diploma de agradecemento como o que vedes nesta foto:
Tendes máis información no seguinte enlace:
Trátase de gozar dun Día do Libro especial, fomentando a solidariedade e a empatía.
Parabéns e grazas a todos/as polo voso esforzo!


No hay comentarios:
Publicar un comentario