lunes, 2 de abril de 2018

VIII SEMANA INTERCULTURAL: VIVIMOS E CONVIVIMOS.

A semana  do 19 ao 23 de marzo estivemos a celebrar a nosa tradicional semana intercultural. E xa van oito!
A ONG Mestura organizounos uns talleres moi interesantes para fomentar a tolerancia e o respecto co fin de mellorar a nosa convivencia.

4º, 5º e 6º DE INFANTIL, 1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"PICA E PINCHA"
Por medio dun teatrillo expuxéronse diferentes situacións de rexeitamento habituais nestas idades. Pretendeuse deste xeito concienciar sobre a tolerancia e desenvolver actitudes de empatía.
Ao finalizar levouse a cabo unha actividade na que os nenos e nenas puideron experimentar, a través do tacto, sensacións agradables e desagradables. Deste xeito puideron sentir como temos diferentes tipos de sensacións e sentimentos para facilitar a súa interiorización e poder entender conflitos cos que se enfrontan diariamente.
Os nenos e nenas de primaria realizaron tamén a actividade das "Palabras Prohibidas" na que por medio da exposición de cinco viñetas o alumnado tivo que asociar e  recoñecer vocabulario que expresa sensacións agradables e outras incómodas.



VIII SEMANA INTERCULTURAL by Slidely Photo Gallery


3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"EMPATIZA"

Para estos niveis a actividade constou de dúas partes; por un lado, unha dinámica expositiva onde se abordaron conceptos necesarios para favorecer a convivencia na escola, e por un outro, visualizouse unha situación de abuso próxima a realidade dos nenos e nenas (burla cara a compañeiros/as de outras culturas ou conflitos no recreo) coa finalidade de analizar a súas impresións e xerar actitudes de empatía e respecto pola diferenza. 


5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"ÉRASE UNHA VEZ..."

A actividade buscou xerar pequenos textos ou contos onde o propio alumnado expresara a súas ideas acerca do que consideran “diferente” facendo especial fincapé nas diferenzas culturais.
Traballouse a temática por medio de películas, novelas e series coñecidas por todo o alumnado tratando os tópicos co obxectivo de detectalos, facelos conscientes deles e poder evitalos.


VIII SEMANA INTERCULTURAL by Slidely Photo Gallery

No hay comentarios:

Publicar un comentario