A semana pasada celebramos no cole o día Internacional dos Dereitos do neno/a.
Xa é unha data sinalada no noso calendario coma moi importante.
Foron días de reflexión e celebración por todos os dereitos conseguidos.
O alumnado de 6º recopilou nunha caixa personalizada como se materializan os seus dereitos.
Así, a modo de exemplo, pensaron como exercen o seu dereito a opinar cando elixen a diario a roupa ou a merenda do cole, como se cumple o dereito á saúde cando os levan ao médico si están enfermos ou como poden disfrutar do dereito á alimentación tódolos días.
En 5º confeccionaron unha árbore non só cos dereitos senón tamén cos deberes!
No 2º nivel traballaron unha versión adaptada da Convención dos Dereitos do Neno/a
As profes de infantil puideron explicar e traballar os dereitos por medio dos contos tradicionais. Que boa idea!











No hay comentarios:
Publicar un comentario