sábado, 10 de noviembre de 2018

MEDIADORES E MEDIADORAS DO CURSO 2018/-19

Un curso máis o CEIP Ponte dos Brozos aposta pola mediación como unha das formas de resolución de conflitos entre compañeiros/as. 

Moitas grazas ao alumnado mediador e as súas familias por participar neste proxecto que ten como fins principais:
Previr a violencia potenciando a aprendizaxe dunha ferramenta orientada á resolución construtiva de conflitos.
- Ensinar estratexias e habilidades sociais necesarias para resolver desencontros mediante o diálogo.
- Mellorar o clima social e emocional do centro.

No seguinte video podedes ver como funciona o equipo e quen o compón. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario