domingo, 15 de septiembre de 2019

RECREOS RESIDUOS CERO.

Empezamos un novo curso cheo de novos obxectivos e moita ilusión. 
Como docentes comprometidos coa Educación Ambiental e a loita contra a crise climática queremos concienciar a toda a comunidade educativa e implicarvos na redución da nosa huella ambiental. 

É por iso polo que decidimos participar no Programa RECREOS RESIDUOS CERO. 
Este programa é unha iniciativa do colectivo Teachers For Future Spain e centra os esforzos na redución dos residuos xenerados nos patios. 

Facendo pequenos cambios nos nosos hábitos podemos reducir o uso de envoltorios plásticos, tetrabricks, palliñas ou papel de aluminio, que tanto están a contaminar a nosa contorna.

Á hora de preparar as merendas procurade: 
- Substituír as bolsas de plástico polas bolsas de tea ou fiambreiras.
- Usar botellas de aluminio ou plástico para a auga ou o zume. 
- Evitar os cubertos plásticos. 
- Elixir como merenda froita, froitos secos, doces caseiros ou bocadillos no lugar de bolería industrial que é moito menos saudable e ven sempre con envoltorios plásticos. 

Entre todos conseguiremos educar a futuros adultos sensibles co medio ambiente, co desenvolvemento sostible e con hábitos de vida máis saudables. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario