jueves, 19 de septiembre de 2019

SEMANA POLO CLIMA

Ao longo da semana do 23 ao 27 de setembro imos a unirnos á campaña "Semana polo clima" e estas son as accións que levaremos a cabo:
LUNS: "Un minuto de silencio pola Terra" Cando algo grave acontece ao noso arredor, xuntámonos para mostrar a nosa tristeza, enfado, dor,…
Xuntarémonos todos e todas para facer un minuto de silencio pola Terra
MARTES: “Levar unha camiseta verde (ou calquera outra peza ou adorno verde) ao cole”.
Podemos afrontar o futuro con esperanza se nos mobilizamos todos e todas para conseguir que a situación cambie. Faremos todo o que poidamos!
MÉRCORES: “Proxección de curtametraxes” para axudarnos a ser conscientes do que está ocorrendo.
XOVES: “Realizar carteis polo clima” 
Plasmaremos as nosas ideas, queixas ou propostas.
VENRES: “Parón no patio cos carteis” Xuntarémonos para reivindicar a nosa preocupación polo planeta. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario