sábado, 12 de octubre de 2019

APRENDENDO A ALIMENTARNOS BEN

Todos e todas sabemos da importancia de alimentarnos ben. Co programa de Recreos Residuos Cero que estamos levando a cabo no colexio, que, por certo, está funcionando moi ben, non só estamos coidando do medio ambiente, senón que tamén estamos coidando a saúde dos nosos nenos e e nenas porque non traen tantas merendas de alimentos procesados. Estamos vendo que comen máis froita, froitos secos, máis biscoitos caseiros, ... E se algún se despista e trae algo empaquetado nalgunhas das aulas estamos a usar a aplicación "Yuka". Facendo unha foto ao código de barras do produto analiza o valor nutricional e os ingredientes, dinos o que non é bo e danos alternativas máis saudables. 
Podedes probalo tamén na casa tanto para alimentación como para cosmética!

No hay comentarios:

Publicar un comentario