martes, 1 de octubre de 2019

1 de Outubro, Día Internacional das Persoas Maiores

 
Sen palabras. 
Así estamos os que hoxe compartimos tempo, espazo, vida, risas, xogos e palabras cos nosos maiores. 
A rapazada de 5ºC festexou hoxe o Día dos Maiores con eles, cos nosos maiores residentes no Centro da terceira idade de Arteixo. Eles viñeron visitarnos, emocionados, expectantes e nerviosos e o alumnado recibiunos con alegría e tamén con certa expectación.
Charlaron sobre a vida, a duns e a doutros, e déronse conta do diferentes que son nuns aspectos pero no que se parecen noutros moitos. Tanto foi así, que ata descubriron aficións en común: cabalos, vacas, coches… cousas que nos unen e espertan os mesmos sentimentos.
Estaba programada unha hora de charla e outra de xogos…pero ao final, case que as dúas horas se convertiron en charlas onde intercambiaron experiencias, fazañas, aventuras e risas, moitas risas. Os últimos minutos adicados ao xogo descubriron tamén coincidencias: moitos son xogadores de brisca e de parchís.
Moitas grazas Pilar, Jesusa, Marina, Plácida e Juan pola visita convertida en lección de vida. E lembrade… quedades emprazados para, dentro de non moito tempo, volver a compartir con todos nós o voso tempo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario