martes, 17 de diciembre de 2019

COMPARTINDO O NOSO TEMPO

Continuando co proxecto “Compartindo o noso tempo”, en colaboración coa residencia de ancianos de Arteixo, o 16 de decembro desfrutamos dunha experiencia ben xeitosa da man do Equipo de Convivencia.
A rapazada de 1ºB recibiu a visita dos “maiores” de Arteixo. Despois de facer as presentacións pertinentes e superar vergoñas (de cativos e maiores) atendemos a unha presentación cunhas recomendacións dos nenos e nenas para coidar o noso planeta con pequenos xestos cotiás.
Logo, chegou o momento de pasar un bo rato xuntos. Ademais de xogar ao tradicional parchís, tamén botamos unha partida ao Conecta 4 e casi escachamos coa risa co Hedbanz, tratando de adiviñar que obxectos, cousa ou persoa eramos. 

Non importou quen gañou ou quen perdeu, o mellor é que nesta actividade aprendimos moito. Puxemos  en valor a importancia dos nosos maiores e todas as cousas que podemos facer xuntos sen que importen os anos que nos separan, se vivimos con respecto, ternura, paciencia e cariño.




No hay comentarios:

Publicar un comentario