domingo, 15 de diciembre de 2019

ROMPENDO BARREIRAS

Con motivo da conmemoración do Día da Discapacidade, o 3 de decembro,  a aula de 1ºB levou a cabo unha actividade de sensibilización e concienciación das necesidades e dereitos que teñen as personas con discapacidade. Grazas á curtametraxe “Cordas” entendemos que a diversidade nos enriquece a todos.
A educación é o camiño para eliminar barreiras sociais e conseguir unha sociedade máis igualitaria e xusta. 
Tamén a "Aula dos Bisontes" (6ºB, EI) quixo celebrar este día traballando as diferentes capacidades que temos cada un de nós. 
En Educación Infantil os nenos e nenas son moi conscientes das dificultades que presentan os seus compañeiros e compañeiras. É moi bonito ver como axudan aos que presentan calquera dificultade: motriz, de aprendizaxe, da linguaxe,...sen que llo teñas que pedir. 
O reto que se presentou na aula foi: "Que cousas boas tes ti?" Agacharon a cabeza e só algúns foron capaces de dicir: non sei... outros encolleron os ombreiros. Romper o xeo foi doado: "Pois eu coido que tes un pelo moi bonito e que es moi cariñoso porque vin como lle dabas un bico a Noa cando caeu. Vós que pensades que cousas boas ten?". E xorderon un montón de ideas: bo compañeiro, agarimoso, meloso, doce, alegre, traballador, "inventor de xogos",...

Por todo iso...FELIZ DÍA DAS DIFERENTES CAPACIDADES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario