miércoles, 24 de enero de 2024

Día da paz

 II Carreira solidaria 

Outro ano máis unímonos a celebrar o día da paz cunha carreira solidaria. Este ano colaboramos con ENKI, entidade que promove a visibilidade e inclusión das personas con diversidade funcional a través do ocio e do deporte.

Como nos sumamos a este movemento? Realizando unha aportación simbólica por cada dorsal. 


Consellos para a carreira:
- Prepara os teus músculos para estar listo para ese día!
- Pensa na roupa que vas levar, que sexa cómoda e permita moverse con facilidade. Lembra traer calzado deportivo.
- Escolle un difrace... aínda que non é necesario vir disfrazado, encántanos ver alegría e colorido, ademais, a túa clase pode levar o premio á máis orixinal!
- O día da carreira vaise dar o dorsal, que se poñerá na clase, polo que lembra traer roupa cómoda e que mellor se axuste.
- E o máis importante, disfruta e se feliz!

#porunmundomáisinclusivo  #IICarreiraSolidariapdb #equipodeconvivencia


No hay comentarios:

Publicar un comentario