lunes, 5 de febrero de 2024

   II Carreira solidaria CEIP Ponte dos Brozos

Todas as nenas e nenos do CEIP Ponte dos Brozos participaron na II Carreira solidaria, incluso os profes tamén se animaron!

Os fondos recadados van destinados a fundación ENKI, que promove a inclusión das persoas con diversidade funcional en actividades deportivas.  

En total recadamos 1608 euros! Moitas grazas a todas as familias, profesorado e alumnado pola vosa colaboración! Entre todos traballamos cara a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario