viernes, 25 de octubre de 2024

Xuntos contra o cancro

   Xuntos contra o cancro

Esta semana visitamos a Residencia de maiores de Arteixo para colaborar con eles nun agasallo moi especial, que se verá na Cea organizada pola Asociación contra o cancro de Arteixo. 


#equipodeconvivenciapdb   





lunes, 8 de abril de 2024

eduCANdo con Malibú

    EduCANdo con Malibú 

A semana pasada visitounos a profe Malibú da granxa Casa Grande de Xanceda para explicarnos a importancia de non abandonar aos animais e da responsabilidade que supón ter un animal, promovendo a adopción baixo o lema "ningún can sen fogar". 

#equipodeconvivenciapdb     #eduCANdoconMalibú





viernes, 16 de febrero de 2024

  15 de febreiro. Día contra o cancro infantil 

Os nosos alumnos/as realizaron murais con imaxes positivas para animar a aqueles nenos/as que están a atravesar esta enfermidade. Na elaboración do mural de Educación Infantil contamos coa colaboración da Residencia de maiores de Arteixo. Nenos e maiores axudámonos uns a outros para poder elaborar este mural!

Ademais, tamén contamos coa colaboración da Asociación concra o cancro de Arteixo que nos ofreceu unha charla formativa sobre hábitos saudábeis.

Todos xuntos aprendemos mellor. Moitas grazas por colaborar con nós! 

 #equipodeconvivenciapdb










lunes, 5 de febrero de 2024

   II Carreira solidaria CEIP Ponte dos Brozos

Todas as nenas e nenos do CEIP Ponte dos Brozos participaron na II Carreira solidaria, incluso os profes tamén se animaron!

Os fondos recadados van destinados a fundación ENKI, que promove a inclusión das persoas con diversidade funcional en actividades deportivas.  

En total recadamos 1608 euros! Moitas grazas a todas as familias, profesorado e alumnado pola vosa colaboración! Entre todos traballamos cara a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. 




miércoles, 24 de enero de 2024

Día da paz

 II Carreira solidaria 

Outro ano máis unímonos a celebrar o día da paz cunha carreira solidaria. Este ano colaboramos con ENKI, entidade que promove a visibilidade e inclusión das personas con diversidade funcional a través do ocio e do deporte.

Como nos sumamos a este movemento? Realizando unha aportación simbólica por cada dorsal. 


Consellos para a carreira:
- Prepara os teus músculos para estar listo para ese día!
- Pensa na roupa que vas levar, que sexa cómoda e permita moverse con facilidade. Lembra traer calzado deportivo.
- Escolle un difrace... aínda que non é necesario vir disfrazado, encántanos ver alegría e colorido, ademais, a túa clase pode levar o premio á máis orixinal!
- O día da carreira vaise dar o dorsal, que se poñerá na clase, polo que lembra traer roupa cómoda e que mellor se axuste.
- E o máis importante, disfruta e se feliz!

#porunmundomáisinclusivo  #IICarreiraSolidariapdb #equipodeconvivencia


lunes, 4 de diciembre de 2023

3 de decembro

  Día da diversidade funcional

Para conmemorar o día 3 de decembro, colaboramos coa Residencia de Maiores de Arteixo, que organizaron uns talleres de deportes inclusivos. Estas actividades serviron para sensibilizar e dar a coñecer as diferentes barreiras ás que se teñen que enfrontar as persoas con diversidade funcional e, para ver que, coas adaptacións precisas, todas e todos podemos participar. 

#equipodeconvivenciapdb   #porunmundomáisinclusivo #todosbaixoomesmoparaguas






jueves, 30 de noviembre de 2023

Formación en SAAC

 Formación en SAAC

  Grazas a @logo.vida por facer posible a formación deste martes sobre linguaxe natural asistida. Foi un pracer compartir información, coñecemento, pautas que agora nos tocará aplicar nas nosas aulas. 


 #departamentodeorientacion  #sac #sistemasaumentativosdecomunicación