Mostrando entradas con la etiqueta BibliotecaPDB. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BibliotecaPDB. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS


Desde o 2008 o último día do mes de febreiro ten lugar a conmemoración do Día das Enfermidades Raras.
As enfermidades raras son patoloxías ou trastornos que afectan a unha pequena parte da poboación e que, polo xeral, teñen un compoñente xenético. Na actualidade cerca dun 8% da poboación as padecen. 
Con motivo deste día o alumnado de 6º de E.I. puido gozar da presenza de Sara Aramburu, autora do libro "Darío" un rapaz ben coñecido e querido no noso cole que padece unha desas enfermidades raras, o Síndrome de Sturge Weber. Neste pequeno encontro falaron da importancia que ten a investigación neste tipo de enfermidades pero tamén do importante que é poñer en valor os súperpoderes que todos temos para poder contribuír na sensibilización e difusión destes casos.
TI PODES, TI ES CAPAZ E XUNTOS AÍNDA O SOMOS MÁIS!

miércoles, 27 de marzo de 2019

VERSOS DE MULLER

"Versos de muller" é unha recompilación de poemas escritos por mulleres. Con ela quixemos conmemorar dous días moi importantes do mes de marzo: o día 8, Día Internacional da Muller e o día 21, Día da Poesía. 
Buscando poetisas, coñecendo as súas biografías, lendo e recitando os seus poemas fomos conscientes do papel relevante que teñen as mulleres neste xénero literario. 
Ademais, a poesía danos a oportunidade de xogar coas palabras, desenvolver a imaxinación e facernos máis conscientes dos nosos sentimentos. Como di a escritora Carmen Conde a poesía é "o sentimento que lle sobra ao corazón e que sae pola man".
Entre todo o cole conseguimos elaborar este poemario que recompila poemas de distintas poetisas que, en maior ou menor medida, dedicaron ou dedican parte da súa obra aos máis pequenos. 


Ademais disto tamén temos unha pequena exposición dedicada a estas poetisas. Cada unha delas ten un código QR no que podemos ver a diferentes alumnos e alumnas recitar algunha das súas poesías.  Podedes ver estes vídeos neste enlace:  VERSOS DE MULLER