Mostrando entradas con la etiqueta Creando Igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creando Igualdade. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de marzo de 2020

DECÁLOGO PARA FACER PELÍCULAS SEN ESTEREOTIPOS SEXISTAS

O proxecto Creando Igualdade empeza a recoller o seus froitos. 
O alumnado que se está a dedicar á análise e creación de películas sen estereotipos de xénero elaborou, guiado polo profesorado, un decálogo para recoñecer cando unha película non é machista. 
Aquí o tedes: 

domingo, 9 de febrero de 2020

CREANDO IGUALDADE CON XAN EGUÍA

Como apoio ao proxecto "Creando Igualdade", ao redor de contos infantís, películas, publicidade e a súa relación con temáticas de xénero e igualdade, Xan Eguía, mestre e licenciado en Filosofía, levou a cabo un taller  baseado nunha actitude crítica e "filosófica" ante o tema a tratar.
Guiou ao alumnado  cara a pregunta "por que" ante calquera imaxe ou estereotipo que atopamos. Para iso, remontáronse aos mitos e mesmo a patróns estéticos acerca da muller na pintura do século XIX, o cinema, a publicidade, o cómic, a literatura ou as películas infantís. 
Para dar sentido ao aprendido, analizaron finalmente imaxes moi diversas para aprender a recoñecer todos estes patróns, estereotipos e arquetipos. 

viernes, 31 de enero de 2020

SEGUIMOS A CREAR IGUALDADE

O noso proxecto "Creando Igualdade" segue crecendo pouco a pouco. Neste mes de xaneiro as actividades principais centráronse na reflexión e procura de estereotipos sexistas tanto nos contos coma na publicidade e nas series de debuxos animados. 
As aulas dedicadas á publicidade fixeron unha análise de todos os spots publicitarios aos que estivemos expostos a pasada campaña de Nadal, e chegaron a conclusións comas as seguintes: 
- os anuncios de coches de xoguete sempre son protagonizados por nenos ao igual que os das bonecas por nenas. As bonecas as presentan en profesións dedicadas á atención dos outros: amas de casa, enfermeiras, mestras,...non atoparon ningún anuncio onde as nenas teñan o papel de astronautas ou mecánicas, por exemplo.
- déronse conta do papel de coidadoras que se lle atribúe ás mulleres e en contraposición destacaron dos homes o papel de aventureiro e heroes, sempre máis fortes. 
- en canto aos canons de beleza, ámbolos dous seguen prototipos similares: mulleres altas e esveltas, homes musculosos. 

As aulas centradas nos contos estudan os roles de Sherlock Holmes e Mary Poppins e afondan noutros contidos que, á vez, melloran a competencia lingüística. Así é algún do material elaborado polas mestras para introducir novos contidos e levar a cabo unha gamificación que motive ao alumnado e lle dea coherencia a toda a trama do proxecto.

miércoles, 11 de diciembre de 2019

CREANDO IGUALDADE

"Creando igualdade" é o nome do proxecto que se está a poñer en práctica no 5º nivel de Educación Primaria e que foi galardoado co 2º premio no certame pola igualdade Carmen López-Cortón 2019. 
O proxecto ten como obxectivo principal que o alumnado identifique estereotipos de xénero e comportamentos sexistas. A labor do profesorado será a de guiarlles cara unha análise crítica e unha reflexión acorde a súa idade ademais de promover accións que consigan unha igualdade real entre nenos e nenas, homes e mulleres. 
O faremos traballando sobre tres ámbitos aos que máis exposto está o noso alumnado: series e debuxos animados, contos e publicidade.  

Hoxe ensinámosvos como comezou o bloque dedicado aos contos. O facemos analizando as obras que teñen como protagonista a Sherlock Holmes e a Mary Poppins. Por un lado un detective intelixente, hábil e capaz de descifrar calquera enigma e por outro unha muller cuxa labor é o coidado das crianzas. Dous exemplos de roles estereotipados que perduraron no tempo e aos que lles ímos a dar un novo papel...