Mostrando entradas con la etiqueta Compartindo o noso tempo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Compartindo o noso tempo. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de abril de 2022

SEGUIMOS A COMPARTIR O NOSO TEMPO: XUNTOS NO HORTO

Hai uns días a aula de 6ºC visitou aos avós e avoas do centro de maiores de Arteixo para axudarlles nos traballos do seu horto que o teñen moi chulo! Plantaron con eles sementes de flores. Primeiro puxeron terra e abono en vasos e despois botamos a semente de distintas flores, todas moi coloridas. 
E onte volvemos, porque todo horto que se valore ten que ter un espantallo, así que alí nos presentamos os de 5ºA para facer un coa axuda necesaria dos maiores que diso saben moito!
Levaron a palla pola mañá e nós levamos os paus para aguantar o espantallo, a roupa para poñelo guapo e os complementos para mellorar o modelo: as flores e un colgante. Un éxito. A operación de montaxe estivo supervisada polo avó Juan, que como gran maquetista, disto sabe moito. Menos mal que entre todos e todas conseguimos poñelo en pé e con moita expectación comprobamos que aguanta sen problema! Non quedaba máis que poñerlle nome. Ales, así lle chamamos. 
De novo pasamos unhas horas cheas de anécdotas e bos momentos e xa estamos desexando volver!

domingo, 19 de diciembre de 2021

VISITA AO CENTRO DE MAIORES

Despois de que viñeran a vernos ao cole os maiores hai unhas semanas, hoxe tocoulle a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria devolverlles a visita. Encontráronse con algúns dos residentes e houbo momentos para comentar asuntos de actualidade e tamén doutras épocas. A rapazada participou con moito interese facéndolles preguntas e os maiores estiveron encantados de contarlles como foi a súa vida antes e tamén como é agora, o contentos que están no centro coas actividades que fan e o ben que os coidan. Antes de marchar entregáronlles unhas postais de Nadal que fixeron para eles con moito cariño no cole. Tanto os maiores como os cativos e cativas quedaron con moitas gañas de ter outro encontro tan agarimoso como este.

jueves, 18 de noviembre de 2021

VOLVEMOS A VERNOS!

Que larga se fixo esta espera... pero por fin volvemos a encontrarnos!

Rapazada de 5º e 6º de E.P. puideron volver a compartir un anaco da mañá cos maiores da Residencia de Maiores do Concello. 

Aproveitamos para charlar e para coñecer o traballo que leva a cabo un dos usuarios, Juan, que nos sorprendeu con diferentes maquetas de faros que elaborou el mesmo durante o confinamento. Non lles faltaba detalle! Sorprendeu a pequenos e maiores e aínda sorprendeu máis todo o que sabe sobre cada un deles e todas as anécdotas que compartiu sobre as súas viaxes a diferentes lugares de Galicia e do resto do mundo. 

Os nenos e nenas tamén aproveitaron para ensinarlles as maquetas que estiveron a facer sobre o Sistema Solar así que foi un momento moi emotivo e enriquecedor. 

E como mostra de agarimo e do importantes que son estes encontros para ámbalas dúas partes fixemos un intercambio de agasallos co fin de ternos presentes mutuamente en moitas máis ocasións. 

Soubo a pouco este encontro así que xa estamos pensando no seguinte!




viernes, 1 de octubre de 2021

VERÉMONOS PRONTO!

Hoxe, Día Mundial das Persoas Maiores, varias aulas de 6º de E.P. quixeron regalarlle unhas liñas aos que xa son amigos e amigas, os usuarios da Residencia de Día do Concello. 

Alá foron as cartas que vedes na imaxe, con moito agarimo e cun desexo común a todo o alumnado e o profesorado "volver a vernos pronto". E de seguro que poderemos facelo! 


miércoles, 19 de mayo de 2021

APRENDENDO XUNTOS

Non so compartimos o noso tempo senón que tamén aprendemos xuntos.

Hoxe tivo lugar  unha das “quedadas” que máis  apetecen, a da residencia de maiores do Concello. A aula de 5ºC estreábase nesta actividade e podemos decir que foi tan gratificante e divertida coma a da semana pasada con 6ºC.

Sempre hai moitas cousas das q falar pero estes días, tanto nenos coma maiores, estiveron investigando sobre as Letras Galega e quixeron poñerse a proba sobre os coñecementos das diferentes personalidades homenaxeadas no día das nosas letras. 

Saíron todos gañadores e gañadoras! 

Compartimos con vos tamén o “Pasapalabra” que fixo a aula de 6ºC para que vos poñades a proba ao igual q nenos e maiores! (Picade na imaxe e empezade a xogar!)

jueves, 15 de abril de 2021

QUERIDOS AVÓS: POEMAS PARA OS NOSOS MAIORES

Os nenos e nenas de 5ºC elaboraron poesías para compartir cos avós, bisavós e todas aquelas persoas da terceira idade que están a pasar uns momentos especialmente difíciles. 

Para todos eles van estes poemas cargados de amor e bos desexos. É o seu gran de area para animarvos nesta época tan complexa. Moitos ánimos! 

(Clicade na imaxe para acceder aos poemas)

miércoles, 12 de febrero de 2020

O CAMBIO CLIMÁTICO EXISTE...VAIA SE EXISTE!

O martes día 11, os nenos e nenas de 5ºC visitaron o centro de maiores de Arteixo para charlar con eles sobre os cambios do clima e da paisaxe, comparando o entorno cando os avós eran máis novos e como está agora.
Reflexionaron con eles comparando os modos de vida de agora e de antes a través das experiencias vitais dos avós e dos nenos. Intercambiaron opinións e lles explicaron todas as iniciativas que se están a desenvolver no colexio para preservar o medio ambiente. Os avós deron a súa aprobación ás accións que se están a poñer en marcha e os animaron a continuar nesa liña para que cando sexan maiores poidamos seguir disfrutando do noso marabilloso planeta.
Como conclusión a rapazada sinalou que xa non teñen dúbida: o cambio climático existe!

martes, 17 de diciembre de 2019

COMPARTINDO O NOSO TEMPO

Continuando co proxecto “Compartindo o noso tempo”, en colaboración coa residencia de ancianos de Arteixo, o 16 de decembro desfrutamos dunha experiencia ben xeitosa da man do Equipo de Convivencia.
A rapazada de 1ºB recibiu a visita dos “maiores” de Arteixo. Despois de facer as presentacións pertinentes e superar vergoñas (de cativos e maiores) atendemos a unha presentación cunhas recomendacións dos nenos e nenas para coidar o noso planeta con pequenos xestos cotiás.
Logo, chegou o momento de pasar un bo rato xuntos. Ademais de xogar ao tradicional parchís, tamén botamos unha partida ao Conecta 4 e casi escachamos coa risa co Hedbanz, tratando de adiviñar que obxectos, cousa ou persoa eramos. 

Non importou quen gañou ou quen perdeu, o mellor é que nesta actividade aprendimos moito. Puxemos  en valor a importancia dos nosos maiores e todas as cousas que podemos facer xuntos sen que importen os anos que nos separan, se vivimos con respecto, ternura, paciencia e cariño.




viernes, 8 de noviembre de 2019

COMPARTINDO O NOSO TEMPO


Neste venres 8 de outubro tivemos unha nova visita dos maiores da Residencia da Terceira Idade.
Pequenos e maiores compartiron un ratiño moi animado de charlas e xogos. 
Os nenos e nenas sorprendéronse porque onde está o noso cole antes tiñan as súas leiras!
Para rematar...nada coma unha boa partida de parchís! 
Millóns de grazas pola visita e ata a próxima!

martes, 1 de octubre de 2019

1 de Outubro, Día Internacional das Persoas Maiores

 
Sen palabras. 
Así estamos os que hoxe compartimos tempo, espazo, vida, risas, xogos e palabras cos nosos maiores. 
A rapazada de 5ºC festexou hoxe o Día dos Maiores con eles, cos nosos maiores residentes no Centro da terceira idade de Arteixo. Eles viñeron visitarnos, emocionados, expectantes e nerviosos e o alumnado recibiunos con alegría e tamén con certa expectación.
Charlaron sobre a vida, a duns e a doutros, e déronse conta do diferentes que son nuns aspectos pero no que se parecen noutros moitos. Tanto foi así, que ata descubriron aficións en común: cabalos, vacas, coches… cousas que nos unen e espertan os mesmos sentimentos.
Estaba programada unha hora de charla e outra de xogos…pero ao final, case que as dúas horas se convertiron en charlas onde intercambiaron experiencias, fazañas, aventuras e risas, moitas risas. Os últimos minutos adicados ao xogo descubriron tamén coincidencias: moitos son xogadores de brisca e de parchís.
Moitas grazas Pilar, Jesusa, Marina, Plácida e Juan pola visita convertida en lección de vida. E lembrade… quedades emprazados para, dentro de non moito tempo, volver a compartir con todos nós o voso tempo!