Mostrando entradas con la etiqueta igualdade de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta igualdade de xénero. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de marzo de 2021

ELA...QUEN VEN SENDO?

Científicas, deportistas, artistas,...todas mulleres que dalgún ou doutro xeito van abrindo camiño e cambiando a historia para acadar un mundo máis igualitario. 

Galegas e de todas partes do mundo. Algunhas son xa moi recoñecidas e outras as estamos descubrindo e poñendo en valor aínda hoxe en día. 

Queres saber quen son? Pica na imaxe e descóbreas a través das explicacións e das investigacións que realizaron o profesorado e  o alumnado do noso cole para o Día Internacional da Muller. 

Que cando oiamos os seus nomes xa non teñamos que pensar "quen ven sendo"?"


jueves, 11 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e os maiores do cole tivemos a oportunidade de conectarnos a unha mesa redonda virtual da RCSI (Rede de Centros Singulares de Investigación). Catro investigadoras contáronnos nesta charla a súa experiencia laboral, que investigación están levando a cabo na actualidade (sobre o ADN, aparatos para curar enfermidades como o cancro,...) e as dificultades que puideron atopar polo camiño para chegar a onde están, pero a mensaxe que nos transmitiron as catro, quedounos moi clara: o maior obstáculo para alcanzar os teus soños, es ti mesma se pensas que non serás quen de conseguilos. Se queres, podes!

Ao final houbo unha rolda de preguntas e aproveitamos para preguntar algunha dúbida que tiñamos e que, moi amablemente, nos resolveron. Damos as grazas ao CiMUS (Centro de Investigación Médica) quen fixo posible que tiveramos a oportunidade de coñecer a estas mulleres investigadoras cuxas profesións nos pareceron tan interesantes.

Agardamos ter máis sorte a próxima vez coa conexión xa que non tódalas aulas interesadas puideron participar, unha mágoa!

martes, 10 de diciembre de 2019

TALLERES DO CIM SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO


Dende o 26 de novembro ata hoxe estivéronse a realizar os talleres ofertados polo CIM de Arteixo para traballar a igualdade de xénero. 
Leváronse a cabo nos niveis de 1º, 3º e 5º de Educación Primaria.
No caso de 1º e 3º a dinámica xirou entorno á visualización de contos cos seguintes obxectivos:
- Favorecer a identificación de roles sexistas transmitidos nos contos tradicionais.
- Facilitar a reflexión do alumnado sobre o papel de homes e mulleres nunha sociedade avanzada e igualitaria.
- Fomentar o uso non sexista da linguaxe.
En 5º nivel o traballo centrouse en valorar a riqueza que supón para todos e todas as diferenzas por razóns de sexo. As actividades propostas pretenderon por en valor a autonomía e a importancia de ser persoas capaces de valernos por nos mesmas.