Mostrando entradas con la etiqueta Semana Intercultural. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana Intercultural. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de abril de 2018

VIII SEMANA INTERCULTURAL: VIVIMOS E CONVIVIMOS.

A semana  do 19 ao 23 de marzo estivemos a celebrar a nosa tradicional semana intercultural. E xa van oito!
A ONG Mestura organizounos uns talleres moi interesantes para fomentar a tolerancia e o respecto co fin de mellorar a nosa convivencia.

4º, 5º e 6º DE INFANTIL, 1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"PICA E PINCHA"
Por medio dun teatrillo expuxéronse diferentes situacións de rexeitamento habituais nestas idades. Pretendeuse deste xeito concienciar sobre a tolerancia e desenvolver actitudes de empatía.
Ao finalizar levouse a cabo unha actividade na que os nenos e nenas puideron experimentar, a través do tacto, sensacións agradables e desagradables. Deste xeito puideron sentir como temos diferentes tipos de sensacións e sentimentos para facilitar a súa interiorización e poder entender conflitos cos que se enfrontan diariamente.
Os nenos e nenas de primaria realizaron tamén a actividade das "Palabras Prohibidas" na que por medio da exposición de cinco viñetas o alumnado tivo que asociar e  recoñecer vocabulario que expresa sensacións agradables e outras incómodas.



VIII SEMANA INTERCULTURAL by Slidely Photo Gallery


3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"EMPATIZA"

Para estos niveis a actividade constou de dúas partes; por un lado, unha dinámica expositiva onde se abordaron conceptos necesarios para favorecer a convivencia na escola, e por un outro, visualizouse unha situación de abuso próxima a realidade dos nenos e nenas (burla cara a compañeiros/as de outras culturas ou conflitos no recreo) coa finalidade de analizar a súas impresións e xerar actitudes de empatía e respecto pola diferenza. 


5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"ÉRASE UNHA VEZ..."

A actividade buscou xerar pequenos textos ou contos onde o propio alumnado expresara a súas ideas acerca do que consideran “diferente” facendo especial fincapé nas diferenzas culturais.
Traballouse a temática por medio de películas, novelas e series coñecidas por todo o alumnado tratando os tópicos co obxectivo de detectalos, facelos conscientes deles e poder evitalos.


VIII SEMANA INTERCULTURAL by Slidely Photo Gallery

sábado, 2 de diciembre de 2017

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DO NENOS/AS: O MURO DOS DEREITOS


O pasado 20 de novembro, aproveitando a celebración do día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas, visitounos a Concelleira da Área de Servizos Sociais e da Área de Benestar Comunitario de Arteixo, Dna. Inés Ramos Álvarez, para achegarnos os resultados dos traballos realizados na VII Semana Intercultural celebrada o curso anterior.

Dos dereitos maiormente elixidos polo noso alumnado atópanse:

1º  Dereito ao xogo.
2º Dereito á educación.
3º Dereito á igualdade.
  

Grazas ao Concello por axudarnos na nosa labor de difundir, defender e protexer os Dereitos de tódolos Nenos e Nenas.


domingo, 10 de abril de 2016

ASÍ FOI A NOSA SEMANA INTERCULTURAL!

A semana do 4 ao 8 de abril celebramos a  VI semana Intercultural que levou por título "O Muro dos desexos" e que xirou entorno  á sensibilización e coñecemento da situación de miles de refuxiados. 
Entre todos/as elaboramos un muro no que todo o alumnado e o profesorado poido expresar os seus desexos para a paz e unha mellor convivencia. 
No 1º e 2º nivel de Educación Primaria disfrutaron dunha representación teatral para explicarlles a que é a migración forzosa e que significa ser refuxiado/a. 



convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow

No 3º e 4º nivel analizaron, a través de fotografías, as causas e consecuencias dos procesos migratorios. Ademais tivemos a sorte de poder contar co relato en primeira persoa dunha nai que viviu esa experiencia. 



convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow

Nos niveis de 5º e 6º contamos coa presenza de Alfonso Mascuñana que nos relatou a súa fascinante experiencia como voluntario cos refuxiados/as en Lesbos. 



convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow

Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa participación. Foi unha semana moi intensa e emotiva para todos e todas.