Mostrando entradas con la etiqueta Premio Galego de Educación para o DCG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premio Galego de Educación para o DCG. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de febrero de 2021

ENTREGA DO PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

O pasado venres 19 tivemos a sorte de contar coa visita de Ana Lampón Gude e María Paz Gutiérrez, ámbalas dúas membros da Coordinadora Galega de ONGD,  para facernos a entrega do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Dedicaron unhas fermosas palabras á toda a comunidade educativa que dan alento para continuar co traballo a prol do coidado ambiental, a igualdade de xénero e a cultura de paz, entre outros.  Estamos moi agradecidos á Coordinadora por poñer a atención no traballo levado a cabo no centro que pretende acadar unha sociedade activa e participativa na construción dun mundo máis xusto. A entrega do premio tivo lugar no pavillón de deportes para extremar as medidas de seguridade e contou cunha pequena representación de alumnado e profesorado de infantil e primaria. 
GRAZAS A TODOS E TODAS!!



lunes, 1 de febrero de 2021

PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL

O proxecto "Aprendendo a convivir" acaba de ser premiado co Premio Galego de Eduación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global convocado pola Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento, co apoio e financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia. 

Os parabéns van dirixidos a toda a comunidade educativa xa que este proxecto recolle todo o traballo levado a cabo polo Claustro, o alumnado e as familias, entorno as temáticas recollidas neste blog e que se centran na igualdade de xénero, a mellora da convivencia e o coidado do medio ambiente. 

A entrega do premio terá lugar o vindeiro 19 de febreiro, asistindo unha representación do equipo organizador ao colexio. Moitísimas grazas!