Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos Humanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos Humanos. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Con motivo da celebración, o 10 de decembro, do Día Internacional dos Dereitos Humanos, fixemos en 6º curso de E.P. dúas accións da Rede de Escolas polos DDHH de Amnistía Internacional:
"Regala as túas palabras" é unha iniciativa que consiste en escribir postais a presos e presas de conciencia, manifestándolle a nosa solidariedade. Ao recibilas, aínda que sexa nun idioma que non comprenden, saberán que a súa inxustiza é coñecida, que no son vítimas esquecidas e ademais axudarán a que a súa situación cambie. 
Os tres casos do 2018 foron liberados. Este ano traballamos en favor de: Tashi Wangchuk (China), Anastasia Shevchenko (Rusia) e José Guía (Cuba). 
Maratón 10 decembro, recollemos sinaturas para que mellore a situación de:
Marinel Sumook, activista polo cambio climático. Sarah Mardini e Sean Binder, en risco de ir ao cárcere por axudar ás persoas refuxiadas. Yasaman Aryani,desexa que as mulleres decidan libremente levar ou non o veo, foi condenada a 16 anos de prisión.

E para chegar ata estes niveis de reflexión, o traballo debe de comezar dende idades temperás. Un exemplo do traballo na etapa de infantil é o da aula das Ras (5ºA).
Investigaron sobre que era iso dos dereitos humanos e chegaron a conclusión de que todos os nenos e nenas do mundo deben ter dereito, entre outras moitas cousas: a unha casa, a un cole onde aprender moitas cousas, a unha gardería, a un prato de lentellas, a unha profe que lles diga “Ola cariño”, a unha mochila chula para levar o taper da merenda, a uns pais que os coiden, a unha pediatra que lles poña o termómetro… e sobre todo a ter sempre un gran sorriso.
E para festexar o dia construíron entre todos/as un poboado de Nadal cheo de bos desexos.

martes, 19 de noviembre de 2019

RECORDATORIO: RECOLLIDA DE BOTAS DE AUGA E PARAUGAS INFANTÍS.

Recordámosvos que mañá comezamos coa recollida de botas e paraugas para Mozambique. Tedes ata o día 10 de decembro.
Colaboran con nós os integrantes do Proxecto Sementes do Amanha, tal como vos indicábamos neste post anterior.

jueves, 7 de noviembre de 2019

RECOLLIDA DE BOTAS DE GOMA E PARAUGAS INFANTÍS

A solidariedade é un dos valores que tanto familia coma escola debemos de potenciar.
Implica tomar conciencia das necesidades que teñen outros e querer axudar para resolvelas. 
Unha das mellores formas de interiorizar este valor é a aprendizaxe a través do exemplo que lle damos os adultos. 
Con este motivo o 20 de novembro, Día Universal da Infancia,  comezamos unha campaña solidaria de recolecta de botas de auga e paraugas infantís que irán a nenos e nenas de Mozambique grazas a colaboración dos integrantes do Proxecto Sementes do Amanha que se encargarán de levalos ás zonas con máis necesidades. 
Se tedes botas de goma que xa queden pequenas ou paraugas infantís que non utilicedes os recollemos por unha boa causa.
MOITAS GRAZAS!


domingo, 8 de abril de 2018

50 ANOS DA MORTE DE LUTHER KING

Este foi a pequena homenaxe que a clase de 1º C dedicou a Martín Luther King polo aniversario do seu falecemento.
Luther King foi un activista dos dereitos civís desde moi novo. As súas reivindicacións centráronse no dereito ao voto, a non discriminación e outros dereitos civís básicos para a xente de cor dos Estados Unidos.


miércoles, 15 de febrero de 2017

DÍA DOS NENOS E NENAS SOLDADOS.

O día 12 de febreiro conmemórase o "Día Mundial do Neno/-a Soldado". Este día pretende ser un día de reflexión sobre a situación que están a vivir miles de nenos e nenas que están a ser utilizados nos conflictos armados privándoos dunha infancia digna.
Estímase que en todo o mundo hai 300.000 pequenos en 17 países que son explotados para participar en conflitos armados. É por iso que o noso centro non quere pasar por alto esta situación e decidiuse levar a cabo unha pequena actividade de concienciación co alumnado de 1º e 2º.
Nesta presentación podedes ver unha pequena mostra.



DÍA DOS NENOS E NENAS SOLDADOS. by Slidely Slideshow

Moitísimas gracias a tódolos titores/-as que fixeron un esforzo por tratar este tema tan delicado con rapaces e rapazas tan pequenos e un agradecemento moi especial para Marga que adicou o seu tempo, de xeito altruísta, para seguir concienciándonos sobre esta terrible inxustiza.

domingo, 10 de abril de 2016

ASÍ FOI A NOSA SEMANA INTERCULTURAL!

A semana do 4 ao 8 de abril celebramos a  VI semana Intercultural que levou por título "O Muro dos desexos" e que xirou entorno  á sensibilización e coñecemento da situación de miles de refuxiados. 
Entre todos/as elaboramos un muro no que todo o alumnado e o profesorado poido expresar os seus desexos para a paz e unha mellor convivencia. 
No 1º e 2º nivel de Educación Primaria disfrutaron dunha representación teatral para explicarlles a que é a migración forzosa e que significa ser refuxiado/a. 



convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow

No 3º e 4º nivel analizaron, a través de fotografías, as causas e consecuencias dos procesos migratorios. Ademais tivemos a sorte de poder contar co relato en primeira persoa dunha nai que viviu esa experiencia. 



convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow

Nos niveis de 5º e 6º contamos coa presenza de Alfonso Mascuñana que nos relatou a súa fascinante experiencia como voluntario cos refuxiados/as en Lesbos. 



convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow

Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa participación. Foi unha semana moi intensa e emotiva para todos e todas. 

miércoles, 30 de marzo de 2016

VI SEMANA INTERCULTURAL: O MURO DOS DESEXOS.

O Equipo de Convivencia en colaboración co Concello de Arteixo e a ONG Ecos do Sur organiza a VI Semana Intercultural que este ano xira en torno aos refuxiados e refuxiadas. 
Este é o programa previsto: 





viernes, 29 de enero de 2016

SOLIDARIEDADE COS REFUXIADOS/AS SIRIOS/AS.

Os alumnos/as de 6º participamos na gravación dun vídeo a prol dor Refuxiados/as Sirios/as, da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional Galicia. No medio dos 16 centros vésenos pouco, por iso queremos que teñades a nosa actuación completa. Moi importante que non vos esquezades de que: 
Primeiro as persoas, logo as fronteiras 
Non podemos permitir que máis persoas afoguen no mar


viernes, 8 de enero de 2016

REGALA AS TÚAS PALABRAS

10 de Decembro, día Internacional dos Dereitos Humanos. 

Os alumnos/as escribiron mensaxes de ánimo a Omid, Wafae, Yves e Fred, para facerlles saber que non están sós /soas. 
Amnistía Internacional considéraos presos e presas de conciencia e pide a súa liberdade inmediata e incondicional. 

Yves e Fred son dous mozos que viven na República democrática do Congo . Fred ten un blog, gústalle o fútbol e a natureza.  Yves é artista gráfico,  gústalle o cine.  Pertencen a un movemento xuvenil que se chama Filimbi, que significa “asubío” en galego, e están encarcerados por promover a democracia. 

O científico iraniano Omid Kokabee, 33 anos, está en prisión por negarse a traballar en proxectos de investigación militar para Irán. 

Wafae Charaf de 26 anos, activista política e membro da Asociación Marroquí de Dereitos Humanos, cumpre unha condena de tres anos de prisión. Foi acusada de difamación por denunciar que sufriu torturas. 


A ÁRBORE DOS DEREITOS

10 de Decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos. 


Profesores/as  xunto con alumnos e alumnas de varios niveis de primaria, confeccionaron o mural: "A árbore dos dereitos", no cal as follas son as mans solidarias dos nenos e as bólas os dereitos dos nenos que deberían ser respectados en todos os países.



10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS by Slidely Slideshow

jueves, 28 de mayo de 2015

SOS EUROPE: NON MÁIS MORTES NO MAR!



Colaboramos na Campaña:  "SOS:  Europe: Non máis mortes no mar!“, da Rede de Escolas polos dereitos Humanos.
Nas aulas elaboráronse barcos de papel con folios, xornais e papeis de cores, nos que aparecían as mensaxes 'primeiro as persoas, logo as  fronteiras' e/ou SOS Europe, xunto con mensaxes de solidaridade para estas persoas.



Formamos no patio a palabra SOS e debaixo puxemos vagas (ondas) solidarias, amosando a nosa preocupación porque milleiros de persoas viaxan por mar cara a Europa por rutas inseguras para fuxir de conflitos armados ou da pobreza, moitas falecen afogadas ou son devoltas a países onde periga a súa vida.



Foi unha iniciativa do primeiro nivel á que se foron sumando alumnos/as doutros cursos, con perto de cincocentos alumnos/as e profesores/as.






martes, 12 de mayo de 2015

MARCAPÁXINAS "SAVE THE CHILDREN"




Neste curso  colaboraramos por 4ª vez coa  ONG Save the Children, entidade que está a protexer á infancia dende o ano 1919, traballando en diversas áreas: educación, saúde, nutrición, traballo infantil etc.

Este ano o programa  Marcapáxinas pola Solidariedade:, estivo  destinado  a Emerxencia: fame no Sahel. A solidariedade das familias foi impresionante, todo un récord: 1527,33



lunes, 4 de mayo de 2015

RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO PARA A ONG: SOS ÁFRICA.


Este ano o Colexio colaborou coa entidade non gubernamental SOS ÁFRICA, na recollida de roupa usada e calzado.

SOS ÁFRICA é unha organización non confesional e non partidista, con 22 anos de historia, creada para promover un cambio verdadeiro e duradeiro nas vidas dos nenos/as necesitados/as de África. Actualmente desenvolve a Campaña Extraordinaria: “Catástrofe Humanitaria en el Cuerno de África”.


Recolleuse tanta roupa e calzado que tiveron que voltar ao cole a recollela por falta de espazo!








jueves, 11 de diciembre de 2014

10 DE DECEMBRO. "OVELLAS AMARELAS DEFENSORAS DOS DEREITOS HUMANOS"

O 10 de Decembro é unha data moi importante na defensa dos Dereitos Humanos, unha das datas máis destacadas na Rede de Escolas de Amnistía Internacional. Este ano celebrámolo cunha exposición sobre a Declaración Universal de Dereitos Humanos, tendes colgada a invitación para o seu visionado e fotos da mesma. Complementamos esta actividade coa realización dun mural: "Ovellas amarelas defensoras dos Dereitos Humanos". Participaron todos /as os alumnos/as do centro pintaron e recortaron ovellas beige ou marrón que non querían ver os problemas do mundo e ovellas amarelas que ollaban para nenos buscando comida nos vertedoiros, e outras situacións que reflicten que non se respectan os Dereitos Humanos.