Mostrando entradas con la etiqueta Chrysallis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Chrysallis. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de mayo de 2019

FORMACIÓN DO PROFESORADO SOBRE TRANSEXUALIDADE

O pasado luns 6 de maio tivo lugar no cole unha charla formativa impartida por Paloma López, membro da asociación Chrysallis. Dita asociación está formada por familias con fillos e fillas transexuais que, de xeito voluntario, dan apoio e asesoramento a outras familias. Ademais disto forman a diferentes colectivos profesionais como é o caso dos docentes. 
A transexualidade é unha realidade que cada vez está máis presente. Aínda que  non é un feito de recente aparición si é novo o xeito que temos de abordar e atender as necesidades deste colectivo. 
Nesta xornada repasamos e actualizamos os nosos coñecementos acerca de termos como a identidade de xénero, orientación sexual e a expresión de xénero. Termos ben distintos e moitas veces confundidos ou mal empregados.
Serviunos tamén para reflexionar e romper mitos asentados na nosa sociedade así como para coñecer de primeira man cales son as necesidades que presenta este alumnado e como podemos atendelas. 
Esta formación do profesorado compleméntase coa recibida polo alumnado de 5º e 6º  que tivo lugar a finais de abril. 

Moitísimas grazas a Asociación Chrysallis e parabéns por tan encomiable labor.