Mostrando entradas con la etiqueta Movilízate por la selva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Movilízate por la selva. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de diciembre de 2021

NOVAS DOS NOSOS CHIMPAMIGOS!

Recordámosvos que seguimos a recoller móbiles vellos para colaborar co proxecto "Mobilízate pola selva" do Instituto Jane Goodall. Se premedes na imaxe anterior poderedes consultar toda a información do proxecto.
Fai uns días chegáronnos boas novas dos nosos chimpacés apadriñados. Aquí as tedes!




domingo, 13 de junio de 2021

DESPEDÍMONOS DOS NOSOS CHIMPAMIGOS ATA O NOVO CURSO

Compartimos con vós as últimas novas sobre os nosos chimpancés apadriñados e recordámosvos que seguimos a recoller móbiles vellos para seguir colaborando co proxecto "Mobilízate pola selva" do Instituto Jane Goodall.





domingo, 14 de marzo de 2021

KABI, O NOSO NOVO CHIMPAMIGO

Grazas a recollida de móbiles vellos que facemos no cole para o Instituto Jane Goodall e o proxecto "Mobilízate pola selva" conseguimos apadriñar a un novo chimpancé. Chámase Kabi e este é o seu informe inicial para que o coñezamos. 


E aquí información actualizada dos apadriñamentos que xa temos desde o ano pasado. Parabéns a todos e todas pola vosa implicación! Non esquezades que seguimos a recoller móbiles vellos para seguir contribuíndo ao coidado do medio ambiente.
ANZAC
KUDIA
LEMBA
HIILA Y CHEEMPO


martes, 12 de enero de 2021

NOVAS DOS NOSOS APADRIÑAMENTOS

Esta semana chegounos nova información dos nosos "Chimpamig@s" así que a compartimos con vós e dámosvos unha vez máis as grazas pola vosa colaboración. Lembrade que seguimos a recoller móbiles vellos dentro do proxecto que leva por nome "Mobilízate pola selva". 

INFORME AZNAC


INFORME HIILA

INFORME KUDIA

INFORME LEMBA

domingo, 1 de marzo de 2020

KUDIA, O NOSO NOVO "CHIMPAMIGO"

A recollida de móbiles vellos dentro do programa "Movilízate por la Selva" estanos a traer boas novas a miúdo. Despois de Anzac, Cheemppo e Hiila sumamos a Kudia ao noso grupo de chimpancés apadriñados. 
As noticias que nos chegan de Kudia e do resto dos nosos chimpancés apadriñados é que seguen adaptándose e gozando de nova vida na illa de Tchindzoulou. Os coidadores do Instituto Jane Goodall supervisan a Kudia e as súas compañeiras a medida que exploran o bosque da illa. A súa dieta diaria consiste en bananas, papaias laranxas, pomelos, piñas, sandías, patacas, pementos , arroz cocido, puré de soia e algunhas verduras. O persoal do IJG prepara coidadosamente todos os alimentos no campamento e póñenos en caixas para logo subilas a un barco que cruza o río Kouilou para chegar ata a illa onde están.
Kudia e os demais esperan con impaciencia e entusiásmanse anticipando o momento da comida, abrazándose e gritando mentres esperan.

domingo, 2 de febrero de 2020

DOUS NOVOS APADRIÑAMENTOS: CHEEMPO E HIILA

Cheempo e Hiila son os novos chimpancés apadriñados grazas a participación de toda a comunidade educativa que está a traer os seus móbiles vellos para enviar ao programa "Movilízate por la selva". 
Dende o Instituto Jane Goodall envíannos este documento onde nos explican moi ben todo o que están a facer con estes e outros chimpancés no Congo. 


martes, 14 de enero de 2020

ANZAC, O NOSO PRIMEIRO APADRIÑAMENTO

Presentámosvos a nosa primeira chimpancé apadriñada grazas a recollida de móbiles que se está a levar no cole dentro da campaña "Movilízate por la selva". 
Aznac é unha pequena chimpancé á que lle falta un brazo e que vive no Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga, na República do Congo, onde o Instituto Jane Goodal atende ás necesidade de máis de 150 chimpancés. 
A iniciativa está resultando moi motivadora para o alumnado e así o mostran nos seus debuxos: