Mostrando entradas con la etiqueta Save the Children. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Save the Children. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de abril de 2022

RECADACIÓN MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS SAVE THE CHILDREN

Hoxe fixemos o ingreso da recadación dos marcapáxinas solidarios de Save the Children. 

Grazas a todos e todas conseguimos xuntar 1001,13 €. Nesta edición os cartos van destinados a programas contra a desnutrición infantil no Corno de África,  unha das rexións máis pobres do mundo onde a fame é unha ameaza constante. Ademais sofre unha seca sen precedentes debido ao cambio climático e hai máis de dous anos que non chove o que supón falta de auga potable e morte do gando.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa por acoller sempre tan ben as accións solidarias organizadas polo cole. 

viernes, 30 de abril de 2021

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS "SAVE THE CHILDREN"

Este ano puidemos retomar a actividade solidaria organizada por Save the Children que quedara pendente o curso pasado por mor da pandemia. 

O alumnado de 1º a 3º máis a aula de 5ºC de E.P. participaron na decoración dos tradicionais marcapáxinas e no seu intercambio por donativos entre os seus achegados. Entre todos e todas conseguimos xuntar 934,50 € que irán destinados a axudar e defender o dereito á educación dos nenos e nenas refuxiados rohingya. 

Algúns datos...

Quen son os rohingya?

Os rohingya son unha etnia que vive no norte de Myanmar (antiga Birmania). Son musulmáns e, por esta razón, son perseguidos e expulsados ao país veciño, Bangladesh, en concreto aos campos de refuxiados de Cox's Bazar. Levan a sufrir represalias desde 2017. Myanmar non os considera cidadáns e actúa contra eles con violencia e a única solución que atoparon foi fuxir e depender da solidariedade internacional. 

E agora, coa COVID-19, como viven?

Os rohingya viven amoreados, porque o distanciamento social e o autoillamento non son posibles. Os seus refuxios son de bambú e lona. As prácticas de hixiene máis básicas, como o lavado frecuente de mans, son complicadas porque a auga limpa escasea. Para estas persoas todo é máis difícil agora. 

Cal é a labor de Save the Children?

Save the Children conta con 100 traballadores e traballadoras sanitarias. Proporcionan información, atención e servizos de saúde nun centro de illamento para COVID-19, con apenas 20 camas para coidados críticos. Coidan da nutrición, educación e protección das nenas e nenos refuxiados rohingya. 40% destas nenas e nenos refuxiados teñen medo de morrer ou perder un familiar por mor da COVID-19 e calcúlase que o 70% das nenas e nenos precisan acceso a saúde mental. 

Por todo isto e por demostrar que o Ponte dos Brozos é un cole solidario...MOITÍSIMAS GRAZAS!

martes, 14 de mayo de 2019

SOMOS PARTE DA SOLUCIÓN



Hoxe fixemos o ingreso dos cartos recaudados polas aulas participantes na XI Edición do Marcapáxinas Solidario. Nada máis e nada menos cun total de 1373,08 €! Este donativo vai destinado aos programas de Save the Children que teñen como obxectivo principal asegurar que miles de nenos e nenas de países en guerra poidan ir á escola. 

Moitísimas grazas pola vosa implicación e compromiso.


domingo, 7 de abril de 2019

XI EDICIÓN DO MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE


Xa temos todo preparado para colaborar un ano máis con "Save the Children" na campaña "Marcapáxinas pola solidariedade". Este ano farano 1º, 2º e 4º de Educación Primaria. 
A actividade pretende espertar a emoción e implicación por formar parte dun mundo máis xusto a través do fomento da lectura. 
Coma anos anteriores o alumnado realizará nas aulas unha actividade para coñecer a situación dos nenos/as refuxiados/as e decorará un marcapáxinas que lle ofrecerá á familia a cambio dun donativo. O cole recollerá eses donativos e llos fará chegar a Save the Children quen inverterá en proxectos de educación, supervivencia e protección dos menores vítimas de conflitos armados. 
O alumnado participante recibirá un diploma de agradecemento. 

Tendes máis información no seguinte enlace Save the Children

Moitísimas grazas pola vosa participación!

lunes, 7 de mayo de 2018

RECADACIÓN PARA A ONG "SAVE THE CHILDREN"


Coa actividade dos "Marcapáxinas Solidarios" e a solidariedade do alumnado, do profesorado e das familias de 2º, 3º e 6ºpuidemos recadar 1440,79 € que serán destinados a salvar ás vidas de moitas crianzas en perigo de morte pola falta de sanidade, auga potable e comida. 

MOITÍSIMAS GRAZAS!



martes, 3 de abril de 2018

MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE

X Edición Día do libro Solidario cos cativos e cativas de Sudán do Sur. 

Sabiades que 1,4 millóns de pequenos e pequenas están en risco de morrer de fame en países coma Sudán do Sur, Somalia, Nixeria e Iemen?
A maioría poderanse curar se os tratan a tempo. Con alimento terapéutico, atención médica axeitada, acceso a auga potable e educación podemos salvarlles a vida a milleiros de cativos e cativas. 
Por iso, un ano máis o noso cole vai participar na actividade organizada por Save the Children "Marcapáxinas pola solidariedade". Este ano os niveis participantes serán 2º, 3º e 6º. 

En que consiste a actividade?
A cada neno/a se lle facilitará un modelo con 5 marcapáxinas e se lle explicará a situación dos rapaces e rapazas dos países máis vulnerables.

O alumnado do noso centro terá que buscar lectores solidarios aos que lles van a ofrecer os marcapáxinas personalizados por eles dándolles a opción de mercarllos e destinar a recadación aos países mencionados anteriormente. 
Os alumnos/as entregarán os cartos no cole e dende aquí farémosllos chegar a Save the Children. 
O alumnado recibirá un diploma de agradecemento como o que vedes nesta foto:

Tendes máis información no seguinte enlace:


Trátase de gozar dun Día do Libro especial, fomentando a solidariedade e a empatía. 
Parabéns e grazas a todos/as polo voso esforzo!

martes, 12 de mayo de 2015

MARCAPÁXINAS "SAVE THE CHILDREN"




Neste curso  colaboraramos por 4ª vez coa  ONG Save the Children, entidade que está a protexer á infancia dende o ano 1919, traballando en diversas áreas: educación, saúde, nutrición, traballo infantil etc.

Este ano o programa  Marcapáxinas pola Solidariedade:, estivo  destinado  a Emerxencia: fame no Sahel. A solidariedade das familias foi impresionante, todo un récord: 1527,33