Mostrando entradas con la etiqueta Concello Arteixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concello Arteixo. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de diciembre de 2019

TALLERES DO CIM SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO


Dende o 26 de novembro ata hoxe estivéronse a realizar os talleres ofertados polo CIM de Arteixo para traballar a igualdade de xénero. 
Leváronse a cabo nos niveis de 1º, 3º e 5º de Educación Primaria.
No caso de 1º e 3º a dinámica xirou entorno á visualización de contos cos seguintes obxectivos:
- Favorecer a identificación de roles sexistas transmitidos nos contos tradicionais.
- Facilitar a reflexión do alumnado sobre o papel de homes e mulleres nunha sociedade avanzada e igualitaria.
- Fomentar o uso non sexista da linguaxe.
En 5º nivel o traballo centrouse en valorar a riqueza que supón para todos e todas as diferenzas por razóns de sexo. As actividades propostas pretenderon por en valor a autonomía e a importancia de ser persoas capaces de valernos por nos mesmas. 

jueves, 28 de noviembre de 2019

ELA...QUEN VEN SENDO?

“Ela...quen ven sendo?” é un proxecto posto en marcha no cole co que coñecemos moito máis da biografía de mulleres galegas emblemáticas.
Son arquitectas, escritoras, políticas, mestras... que fixeron grandes contribucións sociais e conseguiron importantísimos avances na conquista da igualdade entre homes e mulleres. 
O proxecto lévase a cabo co fondo bibliográfico subvencionado polo CIM de Arteixo e conta con coleccións coma a de “Mulleres bravas da nosa historia” da editora Urco, “Pioneiras” de Xerais e “Mulleres galegas”de edicións Lela.

martes, 1 de octubre de 2019

1 de Outubro, Día Internacional das Persoas Maiores

 
Sen palabras. 
Así estamos os que hoxe compartimos tempo, espazo, vida, risas, xogos e palabras cos nosos maiores. 
A rapazada de 5ºC festexou hoxe o Día dos Maiores con eles, cos nosos maiores residentes no Centro da terceira idade de Arteixo. Eles viñeron visitarnos, emocionados, expectantes e nerviosos e o alumnado recibiunos con alegría e tamén con certa expectación.
Charlaron sobre a vida, a duns e a doutros, e déronse conta do diferentes que son nuns aspectos pero no que se parecen noutros moitos. Tanto foi así, que ata descubriron aficións en común: cabalos, vacas, coches… cousas que nos unen e espertan os mesmos sentimentos.
Estaba programada unha hora de charla e outra de xogos…pero ao final, case que as dúas horas se convertiron en charlas onde intercambiaron experiencias, fazañas, aventuras e risas, moitas risas. Os últimos minutos adicados ao xogo descubriron tamén coincidencias: moitos son xogadores de brisca e de parchís.
Moitas grazas Pilar, Jesusa, Marina, Plácida e Juan pola visita convertida en lección de vida. E lembrade… quedades emprazados para, dentro de non moito tempo, volver a compartir con todos nós o voso tempo!



miércoles, 5 de diciembre de 2018

SENTIR-PENSAR-FACER

Dende o 26 de novembro ata o 3 de decembro estivéronse a desenvolver unhas charlas, destinadas ao alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.
Ditas charlas foron subvencionadas polo CIM e desenvoltas pola Prof. Dra. Andrea Cristina Ramallo Machín, Abogada, Licenciada en Historia, Doctora con Sobresaliente Cum Laude en Dereito Liberdades Públicas e Dereitos Fundamentais por la Universidade da Coruña.
O obxectivo principal era dar a coñecer os dereitos dos nenos e nenas, reflexionar sobre eles para poder posibilitar relacións sociais entre o alumnado fomentando a empatía, creando e potenciando habilidades comunicativas e desenvolvendo estratexias para resolver conflitos interpersoais.
Con todo isto pretendeuse a súa vez aumentar a autoestima do alumnado para repercutir positivamente no seu rendemento escolar e na súa felicidade.
Estas dinámicas permítennos tamén previr e detectar o acoso escolar.
Só dende unha educación e unha socialización igualitaria e democrática seremos capaces de identificar e eliminar os nosos propios prexuízos para non trasladalos á vida dos demais.



lunes, 2 de abril de 2018

VIII SEMANA INTERCULTURAL: VIVIMOS E CONVIVIMOS.

A semana  do 19 ao 23 de marzo estivemos a celebrar a nosa tradicional semana intercultural. E xa van oito!
A ONG Mestura organizounos uns talleres moi interesantes para fomentar a tolerancia e o respecto co fin de mellorar a nosa convivencia.

4º, 5º e 6º DE INFANTIL, 1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"PICA E PINCHA"
Por medio dun teatrillo expuxéronse diferentes situacións de rexeitamento habituais nestas idades. Pretendeuse deste xeito concienciar sobre a tolerancia e desenvolver actitudes de empatía.
Ao finalizar levouse a cabo unha actividade na que os nenos e nenas puideron experimentar, a través do tacto, sensacións agradables e desagradables. Deste xeito puideron sentir como temos diferentes tipos de sensacións e sentimentos para facilitar a súa interiorización e poder entender conflitos cos que se enfrontan diariamente.
Os nenos e nenas de primaria realizaron tamén a actividade das "Palabras Prohibidas" na que por medio da exposición de cinco viñetas o alumnado tivo que asociar e  recoñecer vocabulario que expresa sensacións agradables e outras incómodas.



VIII SEMANA INTERCULTURAL by Slidely Photo Gallery


3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"EMPATIZA"

Para estos niveis a actividade constou de dúas partes; por un lado, unha dinámica expositiva onde se abordaron conceptos necesarios para favorecer a convivencia na escola, e por un outro, visualizouse unha situación de abuso próxima a realidade dos nenos e nenas (burla cara a compañeiros/as de outras culturas ou conflitos no recreo) coa finalidade de analizar a súas impresións e xerar actitudes de empatía e respecto pola diferenza. 


5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"ÉRASE UNHA VEZ..."

A actividade buscou xerar pequenos textos ou contos onde o propio alumnado expresara a súas ideas acerca do que consideran “diferente” facendo especial fincapé nas diferenzas culturais.
Traballouse a temática por medio de películas, novelas e series coñecidas por todo o alumnado tratando os tópicos co obxectivo de detectalos, facelos conscientes deles e poder evitalos.


VIII SEMANA INTERCULTURAL by Slidely Photo Gallery

sábado, 2 de diciembre de 2017

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DO NENOS/AS: O MURO DOS DEREITOS


O pasado 20 de novembro, aproveitando a celebración do día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas, visitounos a Concelleira da Área de Servizos Sociais e da Área de Benestar Comunitario de Arteixo, Dna. Inés Ramos Álvarez, para achegarnos os resultados dos traballos realizados na VII Semana Intercultural celebrada o curso anterior.

Dos dereitos maiormente elixidos polo noso alumnado atópanse:

1º  Dereito ao xogo.
2º Dereito á educación.
3º Dereito á igualdade.
  

Grazas ao Concello por axudarnos na nosa labor de difundir, defender e protexer os Dereitos de tódolos Nenos e Nenas.


domingo, 10 de abril de 2016

ASÍ FOI A NOSA SEMANA INTERCULTURAL!

A semana do 4 ao 8 de abril celebramos a  VI semana Intercultural que levou por título "O Muro dos desexos" e que xirou entorno  á sensibilización e coñecemento da situación de miles de refuxiados. 
Entre todos/as elaboramos un muro no que todo o alumnado e o profesorado poido expresar os seus desexos para a paz e unha mellor convivencia. 
No 1º e 2º nivel de Educación Primaria disfrutaron dunha representación teatral para explicarlles a que é a migración forzosa e que significa ser refuxiado/a. 



convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow

No 3º e 4º nivel analizaron, a través de fotografías, as causas e consecuencias dos procesos migratorios. Ademais tivemos a sorte de poder contar co relato en primeira persoa dunha nai que viviu esa experiencia. 



convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow

Nos niveis de 5º e 6º contamos coa presenza de Alfonso Mascuñana que nos relatou a súa fascinante experiencia como voluntario cos refuxiados/as en Lesbos. 



convivencia pdb de Slidely by Slidely Slideshow

Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa participación. Foi unha semana moi intensa e emotiva para todos e todas. 

miércoles, 30 de marzo de 2016

VI SEMANA INTERCULTURAL: O MURO DOS DESEXOS.

O Equipo de Convivencia en colaboración co Concello de Arteixo e a ONG Ecos do Sur organiza a VI Semana Intercultural que este ano xira en torno aos refuxiados e refuxiadas. 
Este é o programa previsto: 





viernes, 4 de marzo de 2016

A DIVERSIDADE ESTÁ EN TODAS PARTES

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE ARTEIXO NO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ana, mediadora do Concello resumiunos moi ben a actividade diversit@s que se desenvolveu no mes de febreiro en Educación Infantil.
A diversidade está en todas partes, nas persoas, nos animais, nas plantas, nos lugares, nas familias,... O mundo está cheo de “diversidade”, de diferenzas,... O mundo é diverso e quizá sexa isto o que o fai tan bonito. 
Nembargantes, a pesar de ser diferentes temos moitas cousas en común, gústanos xogar, os abrazos de papá e mamá, o recreo, etc.
A convivencia implica relacionarse con outras persoas que pensan e senten de xeito diferente.

Todo isto o vimos na actividade trimestral de diversit@s onde o pasamos bomba .
@s peques de 4º e 6º de infantil do CEIP Ponte dos Brozos, foron  quen de conseguir o carné de diversit@s  onde cada un/ unha de nós aprendemos que a diversidade é divertida, creativa e necesaria, para ter experiencias enriquecedoras que nos proporcionen momentos de felicidade ó longo da nosa vida.


Prometemos que íamos volver no seguinte trimestre, e farémolo!!! Temos moitas aventuras interculturais que propoñervos, diversit@s!! Ata pronto!