Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de noviembre de 2021

O NOSO "NON" CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte foi un dos días nos que profesorado e alumnado uniu forzas para facer visible a nosa repulsa á violencia de xénero. No pequeno vídeo que tedes a continuación veredes algúns dos lugares que decoramos no cole para aunar as nosas voces nun NON xigante.

 

O ciclo de Educación Infantil traballou entorno ao conto "Pepuka y el mounstruo que se llevó su sonrisa" e fixo unha adaptación para compartilo con todo o cole. Moitas grazas polo esforzo!

Premendo na seguinte imaxe poderedes gozar del.



domingo, 29 de noviembre de 2020

CONTOS E MURAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Temos profes e alumnos/as ben artistas e co galo do Día Contra a Violencia de Xénero fixeron uns murais ben vistosos.


Os máis pequenos e pequenas do cole celebraron esta conmemoración a través de contos.
3 ANOS:

5 ANOS 
Co conto "Orellas de Bolboreta" aprendemos que ninguen ten dereito a lastimarnos nin pegando nin con insultos. Todos e todas temos defectos pero tamén moitas cousas boas!

2º NIVEL DE E.P.
No caso de 2º de E.P. utilizaron o conto "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?" para saber que as nenas tamén poden cazar dragóns, volar en globo ou embarcarse na procura de aventuras.
E ademáis diso non sempre visten de rosa!

martes, 24 de noviembre de 2020

PONTE EN PÉ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

O 25 de novembro celébrase o  Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Coa axuda de varios nenos e nenas elaboramos este vídeo para aportar o noso graniño de arena á sensibilización e concienciación contra a violencia de xénero.

Precisamos seguir reflexionando, falando, pensando,... durante todo o curso acerca desta lacra que aínda é moi patente na nosa sociedade. 

PONTE EN PÉ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

martes, 26 de noviembre de 2019

PONTE DOS BROZOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Alumnado de 5º e 6º colaborou cos seus debuxos a decir, un curso máis, NON á Violencia de Xénero. 

O debuxo da alumna  Elisa Brene de 6º C foi o elixido para representar ao noso cole no certame de debuxos contra a Violencia de Xénero convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. 

Hoxe comenzaron os talleres organizados polo CIM cos que se traballará a sensibilización e concienciación pola igualdade de xénero e a prevención da violencia machista. 

domingo, 9 de diciembre de 2018

PECHAMOS A PORTA Á VIOLENCIA

O pasado 26 de Novembro xuntamonos todos e todas para dar visibilidade a nosa repulsa contra a violencia de xénero. 
Foi un acto no que cantamos a canción de Rozalén "La puerta violeta" e portamos lazos lilas. 
Varias nenas de 6º leron un manifesto no que reivindicaban a igualdade de dereitos de nenos e nenas. 

Ademais diso decoráronse as portas das aulas co lema "Pechamos a porta á violencia" e fixéronse diferentes traballos de sensibilización. 
            
                  


Tamén tivemos traballos voluntarios da casa! Encántannos! Moi ben Noa!
                                        



lunes, 11 de diciembre de 2017

AMNISTÍA INTERNACIONAL E VIOLENCIA DE XÉNERO

Coa finalidade de sensibilizar ao alumnado sobre os dereitos humanos, ampliar os seus coñecementos e potenciar os valores, organizouse, para o alumnado de 5º e 6º, unha actividade promovida por Amnistía Internacional, que pretendeu achegar ao alumnado a problemática que supón a Violencia de Xénero.
O tratamento transversal destes temas ten como meta que o alumnado comprenda e asuma como natural que a igualdade de xénero é un dereito humano, comprometéndose á súa consecución.
Moitísimas grazas a nosa excompañeira Margarita González Varela por organizar a actividade e mostrarnos a súa axuda e apoio sempre e á Profesora Dra. Andrea Cristina Ramallo Machín quen levou a cabo a actividade os días 24 e 27 de novembro.


viernes, 8 de diciembre de 2017

O PDB CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia contra a muller debe provocar a nosa vergoña e é un atranco para que a sociedade na que vivimos sexa xusta, porque impide o exercicio dos dereitos humanos e o poder gozar da liberdade. 
O 23 de Novembro todo o cole uniuse para dicir NON á violencia de xénero. 
O fixemos cantando o tema "Salir corriendo" de Amaral e portando lazos lila como símbolo do noso desexo de conseguir unha sociedade libre de violencia, unha sociedade da que nos poidamos sentir orgullosos e orgullosas. 


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO by Slidely Slideshow

miércoles, 26 de noviembre de 2014

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

A Violencia de Xénero preocúpanos, limos o manifesto de Amnistía Internacional coas recomendacións que a devandita organización fai ao Goberno: "Promover mecanismos legais para garantir o dereito das vítimas de violencia de xénero e os seus familiares a unha reparación xusta e axeitada, tamén no caso de que haxa falta de dilixencia polas institucións ou axentes do Estado. "

E moi importante, sensibilizar ao alumnado, para iso os contos son sembre bos aliados. Traducimos ao galego o conto "El Monstruo" de Daniel Martín e Ramón Trigo" e preparamos unhas actividades sobre el. Os autores teñen unha grande sensibilidade para introducir aos nenos/as nun tema tan delicado e sensible

.