domingo, 3 de abril de 2022
EU PLÁNTOME POLO CLIMA!
domingo, 27 de marzo de 2022
PESCADORES SOSTIBLES, GRAZAS.
#Maresparasempre #Maresparasiempre @MSCpescasostenible @TeachersForFutureSpain
miércoles, 13 de octubre de 2021
PORQUE A PRIMEIRA "R" É A REDUCIÓN
Comezamos o curso con folgos renovados e moitas ganas de seguir traballando e educando para facer consciente a toda a comunidade educativa da importancia e a urxencia de coidar o medio ambiente.
Queremos continuar un curso máis co programa "Recreos Residuos Cero" promovido polo colectivo Teachers for Future e recordar a todo o alumnado, ás familias e ao profesorado de que a redución de residuos é o primeiro que temos que lograr para ser respectuosos e respectuosas coa nosa contorna.
Podemos comezar coas merendas do recreo! Lembrade utilizar envases retornables coma friameiras para evitar envolver os alimentos en plásticos ou papel de aluminio, e cantimploras para non ter que tirar tódolos días unha botella de plástico.
O Equipo de Convivencia Escolar coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de alumnado de 6º elaboramos este vídeo que explica o importante que é reducir e como podemos facelo.
SÚMATE AOS RECREOS RESIDUOS CERO!
miércoles, 9 de junio de 2021
QUERES MERGULLARTE NOS NOSOS OCÉANOS?
Co gallo do Día Mundial dos Océanos varios corredores do cole convertéronse en océanos cheos de vexetación e animais mariños. Aquí tedes unha mostra:
EDUCACIÓN INFANTIL
jueves, 22 de abril de 2021
22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA
Con estas imaxes elaboradas polo colectivo "Teachers for Future" do que formamos parte, volvemos a animarvos a traer merendas saudables e respectuosas co medio ambiente.
Coida ao planeta! Coida a túa propia saúde!
martes, 13 de abril de 2021
SÚMATE Á MODA DO PACKAGING NATURAL!
O mellor xeito e o máis saudable é consumindo froita. Por que non apuntarnos á moda do “Packaging natural” e terminar cos produtos procesados? Non son saudables e ademais xeran residuos plásticos que soen terminar nos vertedoiros ou contaminando a nosa contorna!
MÁIS FROITA = MÁIS SAÚDE E MENOS RESIDUOS
SÚMATE!
sábado, 20 de marzo de 2021
FOLGA POLO CLIMA
O pasado venres 19 de marzo o movemento ecoloxista Xuventude polo Clima (Fridays for Future) organizou unha folga internacional co lema "Non máis promesas baleiras". Con esta folga pretendeuse esixir aos líderes internacionais medidas concretas, inmediatas e ambiciosas en resposta a actual crise climática.
No cole a celebramos o xoves 18 e aquí tedes unha escolma dalgúns dos momentos e das pancartas que se elaboraron para tal fin. Para poder vela preme na imaxe.
viernes, 30 de octubre de 2020
ACCIÓNS POLO CLIMA
A pesar das adversidades deste curso temos moi claro que a educación ambiental ten que ocupar un lugar importante na formación dos nosos rapaces e rapazas. A conciencia ecolóxica ten que ser desenvolvida ao longo de toda a vida polo que profesorado, familias e o resto da comunidade educativa temos que seguir aprendendo e esforzándonos para mellorar os nosos hábitos, actitudes e condutas e procurar un mundo máis saudable e sostible.
Lembrámosvos que o cole participa no Programa RECREOS RESIDUOS CERO e no Proxecto DESPLASTIFÍCATE, ámbolos dous pretenden eliminar o uso de plásticos dun só uso así como a reutilización e a correcta reciclaxe dos mesmos.
Lembrade!
sábado, 26 de septiembre de 2020
UN CURSO MÁIS ÍMOS A POLOS RECREOS RESIDUOS CERO!
Un curso máis, o noso centro súmase ao programa Recreos Residuos Cero, iniciativa do colectivo "Teachers for future" (Profes polo futuro) e apoiada polo Ministerio de Transición Ecolóxica.
Esta iniciativa trata de que toda a comunidade educativa camiñe xunta na redución dos residuos plásticos que creamos na nosa vida en xeral e nos recreos escolares en particular.
Para iso, alumnado, familias, profesorado e demais membros da comunidade educativa debemos esforzarnos en cambiar e mellorar a nosa forma de consumo, envasado e transporte dos alimentos. Sabemos que cada persoa individualmente ten un enorme poder na redución de residuos plásticos.
Agora, nesta difícil situación sanitaria, máis que nunca é importantísimo concienciarnos do coidado do medioambiente, pois a súa saúde é a nosa.
Por último, deixámosvos un vídeo e máis información interesante que vos axudará a poñer en práctica o reto Recreos Residuos Cero.
XUNTOS CONSEGUIREMOS REDUCIR A NOSA PEGADA ECOLÓXICA!
miércoles, 26 de febrero de 2020
CANTO TEMPO PERDURARÁN OS RESIDUOS DA TÚA MERENDA?
jueves, 19 de diciembre de 2019
POR UN NADAL CONCIENCIADOS CO MEDIO AMBIENTE
viernes, 6 de diciembre de 2019
QUERIDA COP25
martes, 22 de octubre de 2019
MANIFESTACIÓN POLO MAR MENOR
sábado, 12 de octubre de 2019
APRENDENDO A ALIMENTARNOS BEN
domingo, 29 de septiembre de 2019
ACTIVIDADES NA SEMANA POLO CLIMA


A continuación un pequeno resumo das actividades realizadas do 23 ao 27 de setembro:
LUNS: UN MINUTO DE SILENCIO POLO CLIMA
MÉRCORES: VISUALIZACIÓN DE CURTAMETRAXES.
Algúns deles podedeos ver premendo neste enlace: Teachers for Future
VENRES: LECTURA DE MANIFESTOS A FAVOR DA PROTECIÓN AMBIENTAL
jueves, 19 de septiembre de 2019
SEMANA POLO CLIMA
LUNS: "Un minuto de silencio pola Terra" Cando algo grave acontece ao noso arredor, xuntámonos para mostrar a nosa tristeza, enfado, dor,…








































